os trasnos da web

sábado, 16 de novembro de 2019

xoves, 14 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019



MAÑÁ CELEBRAREMOS O MAGOSTO NO COLEXIO. ESTE CURSO, DEBIDO AO MAL TEMPO, NON PODEMOS SUBIR AO MONTE DE BEADE, POLO TANTO, ASAREMOS AS CASTAÑAS NO PATIO, FAREMOS XOGOS TRADICIONAIS E BAILAREMOS AO SON DA MÚSICA DA NOSA TERRA.

Nas clases elaboraron carteis anunciadores da festa como este.


luns, 11 de novembro de 2019

NOVEMBRO - "MES DA CIENCIA EN GALEGO"


Como cada ano, nestas datas, estamos a ofrecer ao alumnado unha serie de actividades relacionadas coa ciencia. Hoxe, en concreto, recibimos un obradoiro por xentileza do Departamento de Normalización Linguística do Concello de Vigo, titulado "A ecoloxía no medio natural", no que participaron os alumnos e alumnas de 2ºB.

"Os nenos e as nenas estiveron aprendendo un montón de cousas sobre a natureza e o habitat do noso planeta; e entenderon o importante que é protexer a vida do noso ecosistema porque todo está interrelacionado e temos que procurar manter ese equilibrio para asegurar a nosa propia existencia", segundo poido apreciar a súa mestra titora, Belén.


Ademais desta lección de ecoloxía,  os nenos e nenas observaron o ciclo de vida das bolboretas e outros insectos.


Apreciaron o habitat destes animaliños.


E incluso tiveron nas mans unha vacaloura!!


Non lle tiveron medo ningún!


Todos e todas amosaron moito interés por experimentar cos bichiños

mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN II - 2019

 E chegou o día da celebración. Profes e alumnado de Primaria puidemos disfrutar dunha vistosa posta en escena sobre a orixe desta festa tradicional galega na biblioteca. Resultou un pracer ver esta pequena peza teatral tan ben interpretada por alumnos e alumnas de 6º curso. Os espectadores ao rematar aplaudiron e pediron bises.



A continuación, un momento da actuación.




Pero non foron os únicos que gozaron deste día tan especial, o alumnado de infantil tivo a sorte de ser atendidos por unhas meigas moi agarimosas. As mestras disfrázaronse  de Samaín para cantar e bailar cos nenos e nenas.




Outro mometo memorable foi cando unha mestra disfrazada de Comecerebros pasou polas clases para comernos a cabeza a todos e todas. Tras o susto inicial..., moito rimos!!! Ha,ha,ha!!!


3ºA

FOI UNHA XORNADA MEMORABLE!!!



3ºB


                                                                         
                                                                                             2º A

martes, 29 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

        Estamos a preparar a festa de Samaín. Levamos xa dende a semana pasada ensaiando unha pequena posta en escena sobre a orixe desta celebración. Alumnado de 6º dramatizará, para todos os cursos, o significado do Samaín. Está todo listo; mañá empezará a función ás 10:30h na biblioteca.


   En  Ed. Infantil, os nenos e as nenas virán disfrazados de bruxas e esqueletos. Disfrutarán de música e bailes na sala de psicomotricidade, e despois do recreo terán unha sesión de Canta-conto. 

    Namentras, os corredores xa están ambientados conforme a estas datas. Disto encargáronse alumnos e alumnas das distintas clases, axudados, como foi no caso de Infantil, polas familias. O resultado é TENEBROSO!!!.







   Algúns cursos como 2ºA aproveitaron a temática das caveiras para estudar o aparello locomotor e coa valiosa axuda de macarróns compuxeron esqueletos.



xoves, 26 de setembro de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020 NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

      Aproveitamos o Día Europeo das Linguas para dar a benvida a este novo curso académico. Compartimos o argumento da Unión Europea respecto ás linguas como ferramentas para lograr unha maior comprensión intercultural e como elementos chave na rica herdanza cultural do noso continente.
      Por todo isto, taballamos nas aulas o motivo desta conmemoración poñendo  en valor a nosa querida lingua galega. Elaboramos un díptico informativo que os alumnos e alumnas de Primaria levaron para a casa. Decorárono con fermosas verbas  en varios idiomas europeos; palabras como grazas, gracias, obrigada, grazie, danke schön, merci...luciron en varias cores. 
        Sacaron diferentes linguas a pasear; agora ben, as verbas en galego escribíronas ben acomodadas no carriño.




   Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria buscaron e escoitaron  no Google Translate palabras en outros idiomas tan lonxanos coma o croata ou o grego. Comprometéronse a buscar outras cinco na casa e expoñelas ao día seguinte na clase. Resultoulles unha actividade produtiva, xa que, deron conta da importancia da aprendizaxe doutras linguas,  e divertida ao mesmo tempo.



Os máis pequenos sacaron as palabras ao corredor e fixeron un chamativo mural para destacar a importancia da mensaxe desta data.




mércores, 8 de maio de 2019

A HORTA DO LAXEIRO

No xardín do cole Laxeiro temos unha horta que visitamos periodicamente para ver como crecen os nosos cultivos




COCIÑANDO NO LAXEIRO

Co gallo do desenvolvemento do noso proxecto anual de centro "Come san medra feliz", puxemos en marcha "A cociña do Laxeiro". Nela os rapaces e rapazas poderán facer receitas diversas para fomentar a súa cretividade e dotes culinarias.








En breve amosaremos algunha receita elaborada por eles.

ROSALÍA DE CASTRO II

Queremos amosar un mural que fixo o noso alumnado:


xoves, 28 de febreiro de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro comemórase o día de Rosalía de Castro. No laxeiro fixemos un mural homenaxeando a a figura e o legado da autora galega, unha exposición de libros para a consulta do noso alumnado, lectura de poemas da autora e un chaterpix coa vida e un fragfmento dun poema da obra "Cantares gallegos" que amosamos a continación:




Rosalía de Castro Chaterpix

domingo, 24 de febreiro de 2019

PAZ

O 30 de xaneiro celebrouse o Dïa mundial da Paz. No Pintor laxeiro elaboramos entre outras cousas un mural por clase cun menó ou unha receita de Paz.






POSTAL DE NADAL

Neste curso a elaboración da postal do noso colexio foi vinculada ao noso Proxecto dinamizador de centro.
A elaboración da postal deste ano foi levar a cabo un motivo relacionado co Nadal con alimentos.
Deixamos a continuación un imaxe a modo de exmplo:


ARTE NO LAXEIRO

Aproveitando o Proxector dinamizador anual do noso centro "Come san Medra feliz" o alumnado de 2ºA fixo un traballo que relacionaba o arte coa alimentación a través de diferentes bodegóns de artistas como Botero, Paul Klimt e Frida Kahlo.




FALADOIRO NADAL

O último día de curso antes das vacacións de Nadal celebramos o  Festival do Faladoiro de Nadal. 
Deixamos un exemplo dunha das actuacións:




MES DA CIENCIA EN GALEGO



O mes de novembro no noso colexio celebramos " O mes da ciencia en galego", cunha proposta de experimentos para levar a cabo nas aulas. 

A continuación amosamos un exemplo levado a cabo co alumando de 2ºA.