venres, 14 de febreiro de 2020

ROSALÍA II

Como en anteriores cursos, sumámonos ás propostas da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Trátase de que o alumnado coñeza a precaria situación das correntes migratorias actuais partindo da visión rosaliniana sobre emigración; todo isto baixo o lema: "Errantes polo mundo". Os alumnos e alumnas están a traballar nas aulas  poemas da autora que teñen temática migratoria e que, por desgraza, dada a situación actual, atópanse en total vixencia a pesar dos cambios na sociedade pasado máis dun século.









A continuación podemos visionar unha montaxe con algúns destes traballos que serviron para confeccionar o grande mural que expoñemos ao exterior para conmemorar día 24, día de Rosalía de Castro. O tema musical de fondo é un poema de "Cantares Gallegos" ,"Adios ríos, adios fontes...", ao que puxo música o cantante Amancio Prada e que interpretan a capela,  dúas antigas alumnas do centro, Mariam e Marina.





mércores, 12 de febreiro de 2020

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA

Este curso estamos a descubrir unha nova faceta da autora. Unha Rosalía ecoloxista, defensora do medio ambiente. Unha muller comprometida coa conservación dos nosos bosques autóctonos de carballos e encinas, inspiración de máxicas lendas celtas. Detractora da tala indiscriminada de árbores que tanto dano fai ao noso planeta. Engadimos e estudamos a súa lírica sobre a natureza, e encadrámola no actual Proxecto de centro: "Ecolaxeiros: Misión, salvar a Terra".

Bajo el hacha implacable, ¡cuan presto
  En tierra cayeron
  Encinas y robles!
Y a los rayos del alba risueña,
  ¡Qué calva aparece
  La cima del monte!

 Los que ayer fueron bosques y selvas
  De agreste espesura,
Donde envueltas en dulce misterio
  Al rayar el día
  Flotaban las brumas,
Y brotaba la fuente serena
Entre flores y musgos oculta,
Hoy son áridas lomas que ostentan
  Deformes y negras
  Sus hondas cisuras. 
    "En las Orillas del Sar" Rosalía de Castro

             
Unha vez máis identificámonos co seu sentir,  coa súa voz.  Rosalía e Galicia son o mesmo, e Galicia somos todos e todas nós.