sábado, 21 de decembro de 2019

ADEUS OUTONO

Nestas datas próximas ao Nadal,  remata o outono. As estacións, e os cambios que conlevan, son un elemento motivador de estudo e traballo para o nosos alumnado. Boa proba son as tarefas levadas ao cabo polo o alumnado de 2ºA de primaria.

Con elementos da naureza en outono, fixeron representacións plásticas dun conto: "Lusco e Fusco.




Ademáis estudaron os distintos nomes que lle damos en galego á chuvia, segundo a súa intensidade. Elaboraron "paus de chuvia" con materiais de reciclaxe. Soan a chuvia de verdade!!









luns, 9 de decembro de 2019

DITOS E REFRÁNS

Hoxe recompilamos traballos feitos polas familias do alumnado de 1º e 2º de Ed Primaria e colocámolos no vestíbulo do centro, en exposición. A petición do profesorado, os nenos e nenas debían elaborar unha representación plástica dun refrán ou dito galego con material de reciclaxe. Deste modo mesturamos o Proxecto Anual de Centro, "Ecolaxeiros, misión salvar a Terra", coa tradición oral en galego.


"Nunca chove a gusto de todos".


"Vas caer"    


"Caín da burra"


"Outra vaca no millo!"


"Ata o corenta de maio, non te quites o saio"


"Moito peixe rompe a rede"


                                          "No San Martiño, trompos no camiño"


Os traballos son do máis enxeñoso. Queremos dar as grazas ás familias por dar resposta ás  demandas do profesorado e , ao mesmo tempo, felicitalas polo esmero que puxeron na difusión da nosa cultura.

domingo, 1 de decembro de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO III. CHARLA SOBRE OS MICROSCOPIOS A CARGO DO DOUTOR CAMACHO.

CHARLA A CARGO DO DR.  CAMACHO

O venres 29, recibimos no colexio ao doutor Tomás Camacho; médico, investigador, experto en toxicoloxía e colaborador coa NASA, entre outros moitos importantes traballos. Participou nun estudio para a Axencia Espacial americana sobre as repercusións que teñen sobre os astronautas determinados tóxicos que xera o material con que están construídas as aeronaves ao estaren sometidas a condicións extremas.

Visitounos para a impartir unha charla sobre a importancia dos microscopios nos estudos e descubrimentos científicos; el mesmo posúe unha completa colección. Os nenos e nenas de 6º de primaria escoitárono con moito interese e formuláronlle moitas preguntas. O Dr Camacho repondeu de forma sinxela e pedagóxica a todas as cuestións.
Resultou unha sesión amena, e sobre todo, moi proveitosa desde o punto de vista científico-didáctico.

 

 


MOITAS GRAZAS, DOUTOR!!!


                OBRADOIRO DE SALES DE BAÑO

O venres, día 22,  achegáronse ao centro dous monitores do Departamento de NL do Concello para ensinar a un grupo de alumnos e alumnas de terceiro de primaria a elaborar sales de baño de forma artesanal. Con sal común, colorante alimentario e diferentes esencias, o alumnado elaborou o seu propio produto.






O resultado final foi do agrado de todos e todas, e  levárono en saquiños para á casa.








sábado, 30 de novembro de 2019

REGUEIFAS NO LAXEIRO

  O pasado luns, 25 de novembro, por xentileza do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, os alumnos e alumnas de 6ºA de Ed Primaria recibiron a visita duns cantautores de regueifas: Pinto de Herbón e Luis Caruncho.

  O alumnado descoñecía a connotación do termo. A regueifa é un canto ou cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura a disputa sobre un tema determinado. Descubríronas de forma entretida e amena.
A continuación imaxes do momento. É moi interesante miralas!






Ensinaron aos nenos e nenas a compoñer coplas e, entre todos e todas,  elaboraron unha regueifa referente á conservación do planeta, tema que estamos a estudar neste curso no proxecto anual de centro.




martes, 19 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO PATIO DO COLEXIO.



       O venres 15 , celebramos a festa do Magosto. A diferenza doutros anos organizamos a degustación de castañas asadas no patio, xa que, debido aos rigores do tempo, o monte está mollado. Foi unha mágoa, aínda e con esas, pasámolo moi ben. Dividimos o patio en zonas; en cada unha situamos un xogo tradicional: castañas no cesto, xogo do pano, labirinto da castaña, castañas na culler, castañas na fronte, xogo do limbo, a comba e o brilé.
       Antes de baixar ao patio, nas clases, elaboramos diversos traballos sobre a castaña: fichas motivadoras, carteis alusivos, castañeiras decoradas con follas, e, en plástica en inglés (Arts) elaboraron  uns bolsiños individuais para meter as castañas asadas con envases de reciclaxe.





Os  Ed. Infantil tamén disfrutaron no patio. Os días previos prepararon cancións e material para os xogos.


XOGO DO PANO:
Canción:
“Castaniña, castaniña, quen te poidera coller
Ben asada e ben pelada e lista para comer, para comer”



CANCIÓN DO MAGOSTO:
“A castaña no ourizo, quiso rir e rabeou,
Caeu do ourizo abaixo, vaia torta que levou,
Señora María, señor Manuel
Castañas asadas e viño con mel
E viño con mel, e viño con mel

Señora María, señor Manuel.



                                 
       

sábado, 16 de novembro de 2019

xoves, 14 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019



MAÑÁ CELEBRAREMOS O MAGOSTO NO COLEXIO. ESTE CURSO, DEBIDO AO MAL TEMPO, NON PODEMOS SUBIR AO MONTE DE BEADE, POLO TANTO, ASAREMOS AS CASTAÑAS NO PATIO, FAREMOS XOGOS TRADICIONAIS E BAILAREMOS AO SON DA MÚSICA DA NOSA TERRA.

Nas clases elaboraron carteis anunciadores da festa como este.


luns, 11 de novembro de 2019

NOVEMBRO - "MES DA CIENCIA EN GALEGO"


Como cada ano, nestas datas, estamos a ofrecer ao alumnado unha serie de actividades relacionadas coa ciencia. Hoxe, en concreto, recibimos un obradoiro por xentileza do Departamento de Normalización Linguística do Concello de Vigo, titulado "A ecoloxía no medio natural", no que participaron os alumnos e alumnas de 2ºB.

"Os nenos e as nenas estiveron aprendendo un montón de cousas sobre a natureza e o habitat do noso planeta; e entenderon o importante que é protexer a vida do noso ecosistema porque todo está interrelacionado e temos que procurar manter ese equilibrio para asegurar a nosa propia existencia", segundo poido apreciar a súa mestra titora, Belén.


Ademais desta lección de ecoloxía,  os nenos e nenas observaron o ciclo de vida das bolboretas e outros insectos.


Apreciaron o habitat destes animaliños.


E incluso tiveron nas mans unha vacaloura!!


Non lle tiveron medo ningún!


Todos e todas amosaron moito interés por experimentar cos bichiños

mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN II - 2019

 E chegou o día da celebración. Profes e alumnado de Primaria puidemos disfrutar dunha vistosa posta en escena sobre a orixe desta festa tradicional galega na biblioteca. Resultou un pracer ver esta pequena peza teatral tan ben interpretada por alumnos e alumnas de 6º curso. Os espectadores ao rematar aplaudiron e pediron bises.



A continuación, un momento da actuación.




Pero non foron os únicos que gozaron deste día tan especial, o alumnado de infantil tivo a sorte de ser atendidos por unhas meigas moi agarimosas. As mestras disfrázaronse  de Samaín para cantar e bailar cos nenos e nenas.




Outro mometo memorable foi cando unha mestra disfrazada de Comecerebros pasou polas clases para comernos a cabeza a todos e todas. Tras o susto inicial..., moito rimos!!! Ha,ha,ha!!!


3ºA

FOI UNHA XORNADA MEMORABLE!!!



3ºB


                                                                         
                                                                                             2º A

martes, 29 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019

        Estamos a preparar a festa de Samaín. Levamos xa dende a semana pasada ensaiando unha pequena posta en escena sobre a orixe desta celebración. Alumnado de 6º dramatizará, para todos os cursos, o significado do Samaín. Está todo listo; mañá empezará a función ás 10:30h na biblioteca.


   En  Ed. Infantil, os nenos e as nenas virán disfrazados de bruxas e esqueletos. Disfrutarán de música e bailes na sala de psicomotricidade, e despois do recreo terán unha sesión de Canta-conto. 

    Namentras, os corredores xa están ambientados conforme a estas datas. Disto encargáronse alumnos e alumnas das distintas clases, axudados, como foi no caso de Infantil, polas familias. O resultado é TENEBROSO!!!.







   Algúns cursos como 2ºA aproveitaron a temática das caveiras para estudar o aparello locomotor e coa valiosa axuda de macarróns compuxeron esqueletos.



xoves, 26 de setembro de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020 NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

      Aproveitamos o Día Europeo das Linguas para dar a benvida a este novo curso académico. Compartimos o argumento da Unión Europea respecto ás linguas como ferramentas para lograr unha maior comprensión intercultural e como elementos chave na rica herdanza cultural do noso continente.
      Por todo isto, taballamos nas aulas o motivo desta conmemoración poñendo  en valor a nosa querida lingua galega. Elaboramos un díptico informativo que os alumnos e alumnas de Primaria levaron para a casa. Decorárono con fermosas verbas  en varios idiomas europeos; palabras como grazas, gracias, obrigada, grazie, danke schön, merci...luciron en varias cores. 
        Sacaron diferentes linguas a pasear; agora ben, as verbas en galego escribíronas ben acomodadas no carriño.




   Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria buscaron e escoitaron  no Google Translate palabras en outros idiomas tan lonxanos coma o croata ou o grego. Comprometéronse a buscar outras cinco na casa e expoñelas ao día seguinte na clase. Resultoulles unha actividade produtiva, xa que, deron conta da importancia da aprendizaxe doutras linguas,  e divertida ao mesmo tempo.



Os máis pequenos sacaron as palabras ao corredor e fixeron un chamativo mural para destacar a importancia da mensaxe desta data.