sábado, 21 de decembro de 2019

ADEUS OUTONO

Nestas datas próximas ao Nadal,  remata o outono. As estacións, e os cambios que conlevan, son un elemento motivador de estudo e traballo para o nosos alumnado. Boa proba son as tarefas levadas ao cabo polo o alumnado de 2ºA de primaria.

Con elementos da naureza en outono, fixeron representacións plásticas dun conto: "Lusco e Fusco.




Ademáis estudaron os distintos nomes que lle damos en galego á chuvia, segundo a súa intensidade. Elaboraron "paus de chuvia" con materiais de reciclaxe. Soan a chuvia de verdade!!









luns, 9 de decembro de 2019

DITOS E REFRÁNS

Hoxe recompilamos traballos feitos polas familias do alumnado de 1º e 2º de Ed Primaria e colocámolos no vestíbulo do centro, en exposición. A petición do profesorado, os nenos e nenas debían elaborar unha representación plástica dun refrán ou dito galego con material de reciclaxe. Deste modo mesturamos o Proxecto Anual de Centro, "Ecolaxeiros, misión salvar a Terra", coa tradición oral en galego.


"Nunca chove a gusto de todos".


"Vas caer"    


"Caín da burra"


"Outra vaca no millo!"


"Ata o corenta de maio, non te quites o saio"


"Moito peixe rompe a rede"


                                          "No San Martiño, trompos no camiño"


Os traballos son do máis enxeñoso. Queremos dar as grazas ás familias por dar resposta ás  demandas do profesorado e , ao mesmo tempo, felicitalas polo esmero que puxeron na difusión da nosa cultura.

domingo, 1 de decembro de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO III. CHARLA SOBRE OS MICROSCOPIOS A CARGO DO DOUTOR CAMACHO.

CHARLA A CARGO DO DR.  CAMACHO

O venres 29, recibimos no colexio ao doutor Tomás Camacho; médico, investigador, experto en toxicoloxía e colaborador coa NASA, entre outros moitos importantes traballos. Participou nun estudio para a Axencia Espacial americana sobre as repercusións que teñen sobre os astronautas determinados tóxicos que xera o material con que están construídas as aeronaves ao estaren sometidas a condicións extremas.

Visitounos para a impartir unha charla sobre a importancia dos microscopios nos estudos e descubrimentos científicos; el mesmo posúe unha completa colección. Os nenos e nenas de 6º de primaria escoitárono con moito interese e formuláronlle moitas preguntas. O Dr Camacho repondeu de forma sinxela e pedagóxica a todas as cuestións.
Resultou unha sesión amena, e sobre todo, moi proveitosa desde o punto de vista científico-didáctico.

 

 


MOITAS GRAZAS, DOUTOR!!!


                OBRADOIRO DE SALES DE BAÑO

O venres, día 22,  achegáronse ao centro dous monitores do Departamento de NL do Concello para ensinar a un grupo de alumnos e alumnas de terceiro de primaria a elaborar sales de baño de forma artesanal. Con sal común, colorante alimentario e diferentes esencias, o alumnado elaborou o seu propio produto.






O resultado final foi do agrado de todos e todas, e  levárono en saquiños para á casa.