xoves, 4 de abril de 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 1 DE ABRIL, DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024


No 2022 a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxeou a Laxeiro, o pintor que da nome ao noso colexio. Aquel ano adicamos gran parte do noso traballo a resaltar a figura do prestixioso artista. Desde entón, temos en conta as propostas da devandita Academia para introducir ao alumnado no coñecemento da arte galega. 

Este ano o artista homenaxeado é o grande escultor Francisco Asorey. As súas fermosas obras pódense admirar en moitas cidades e vilas galegas. Deste xeito, os seus traballos locen maxestuosos nas rúas e prazas de Cambados, A Coruña, Vigo, Ourense ou Santiago de Compostela,

Nado en Cambados, no ano 1889, pronto destacou polas súas habilidades artísticas. Foi enviado a estudar a Barcelona e a Barakaldo (Biscaia) onde exerceu de profesor de debuxo e montou un importante obradoiro. Trasladouse un tempo a Madrid pero pronto regresou á súa Galicia natal; esta vez a Santiago de Compostela, onde morre en 1961. Na capital, ademais traballar nun obradoiro propio, exerceu de profesor anatómico forense na facultade de Mediciña. Foi un escultor absolutamente galego; a súa obra destaca polo gusto polo popular e a tradición da cultura galega.

Os nenos e nenas de 3º curso de Ed. Primaria puideron apreciar con asombro o Monumento a San Francisco na súa viaxe a Santiago de Compostela con motivo dos Encontros do programa 21 Días co Galego e máis. Foi entón cando quedou pendente o estudo da vida e obra de Asorey nas aulas. Aproveitando a conmemoración do Día das Artes en Galicia, o 1 de abril,  achegáronse con moito interés á traxectoria escultórica de Asorey. Por parellas, elixiron as esculturas que máis chamaron a súa atención fixeron representacións plásticas das mesmas.

Os traballos foron recompilados nun mural conmemorativo para destacar a figura do artista. Na montaxe que aparece a continuación pódense apreciar estes traballos.





 

xoves, 22 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024

     

POR ROSALÍA NO LAXEIRO!!!





Hoxe é 23 de febreiro. Como cada curso facemos unha particular homenaxe á principal representante das Letras Galegas, no seu día.

Publicamos enlace a unhas unidades didáctica con sinxelas propostas de traballo nas aulas.


                                               https://drive.google.com/file/d/1y5CUGfyZgXrNkDBrx5nYdUojHGe1eqr5/view?usp=sharing



https://patrifulca.wixsite.com/rosaliadecastro


Un grupo de nenos e nenas de 3º de Educación Primaria interpretaron a canción de Amancio Prada con letra do poema de Rosalía Adios ríos, adios fontes para visualizala nas aulas.




En Ed Infantil estanse a realizar traballos na honra de Rosalía como é o caso destes fermosos murais.







Ademais. na Biblioteca estase a realizar unha recompilación de soños para Rosalía para realizar a exposición: "24 soños para Rosalía" feitos por alumnado de Primaria.



O Equipo de audiovisuais está a preparar un Chatterpix sobre a vida da autora.

Ao longo da mañá, se o tempo o permite, farase un rego simbólico da roseira que hai no horto en lembranza deste día.


Tamén se poden facer traballos plásticos para que o alumnado leve para a casa, como esta tarxeta.1











DÍA DA LINGUA MATERNA 2024

 ENCONTROS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS

 21 DE FEBREIRO.  DÍA DA LINGUA MATERNA


O mércores, día 21, viaxamos a Santiago de Compostela para asistir a un Encontro organizado polo Programa 21 Días co Galego e máis. O evento foi no auditorio, no edificio Fontán, na cidade da Cultura. Acudimos alumnado e profesorado procedentes de 10 centros educativos de toda Galicia. Todos levamos unha actuación representativa do Colexio. Resultou fantástico. Houbo unha grande variedade de interpretacións: actuacións musicais, danza, monicreques, ata un desfile de Entroido e un concurso. 

Pola nosa parte, enviamos uns pandereteiros que deleitaron ao público con tres cantigas que resoaron de marabilla.




Aproveitamos a viaxe para facer a nosa particular homenaxe ao Apóstolo.




luns, 15 de xaneiro de 2024

21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS

 NO LAXEIRO, 21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS

Está a piques de comenzar no colexio o programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, 21 Días en Galego e máis , que ten como finalidade promover o uso do galego entre a xente nova, dentro e fóra do colexio.

Esta iniciativa é para que todos e todas falemos máis o galego e para axudarnos a pensar a relación que temos coas linguas e máis concretamente co galego. Xorde coa ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua chea de posibilidades. Ten a vontade de implicar aos nenos e nenas na procura de que o galego sexa a lingua normal de uso en todos os ámbitos. Implicarase ás familias enviando posibilidades para xogar cos seus fillos e fillas en galego. Graváronse xogos coma Tabú, Pasagalego, Adiviñas para animar á participación.


No colexio xa se está a ensaiar, con moita ilusión, a inaguración do devandito programa. Foron meses de preparación que por fin podemos gozar.




INAGURACIÓN DO PROGRAMA

O mércores asistimos aos actos de inaguración do programa. Pásamolo moi ben e adquirimos o compromiso de levar o galego máis alá da asignatura de lingua galega.



                                                                                                                                                                        




                                         


ACTIVIDADES 21 DÍAS EN GALEGO- XOGOS


Xa está en marcha o programa. todos os días conectamos co blog "21 Días co Galego e máis"https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ na Hora de Ler e visionamos nas aulas un vídeo expositivo, cada día, que nos invita a facer reflexións lingüísticas e a traballar sobre os temas expostos.

          Ademais, no tempo de lecer, o alumnado disfruta de xogos populares e un karaoke. Única                        condición para participar FALAR EN GALEGO.




CLAUSURA 21 DÍAS CO GALEGO.

 

 

O pasado 6 de febreiro rematamamos oficialmente a nosa participación no Programa 21 Días co Galego e máis. Estamos satisfeitas cos resultados acadados, xa que achegamos a impotancia do noso idioma ao alumnado e ás familias coa finalidade de concienciar a todos de que o galego é unha lingua útil. Forma parte da nosa identidade, da nosa cultura. Realmente,  é un puntal que nos distingue do resto das Comunidades Autónomas. É necesario transmitirllo ás novas xeracións para que non se perda no tempo. É o noso TESOURO. Debémosllo aos nosos devanceiros...falálalo, lelo, querelo, sentilo, transmitilo.

 

GRAZAS á iniciativa 21 Días co Galego e máis. Foron días intensos de traballo transversal, pero satisfactorios por ver ao alumnado entusiamado coa preparación e gravación de vídeos, actuacións, charlas na radio galega, conexións con personaxes da televisión de Galicia.

 

O programa remata. Dende este recuncho,  queremos dar as GRAZAS a todos e todas os/as que partcipástedes: alumnado, profesorado, familias, autoridades, prensa (xornais Atántico e Faro de Vigo, por darlle visibilidade ao traballo), ao Galicia por Diante  por dar voz a pais deste centro, a alumnos e alumnas e ao profesorado.

 

GRAZAS á coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Pontevedra por pensar no Ceip Pl Pintor Laxeiro para participar neste Programa e, sobre todo, a PILAR PONTE, a coordinadora e  promotora dos 21 Días en Galego e máis, por animarnos, orientarnos e axudarnos coa súa experiencia na materia. Pilar Ponte é profesora de galego en Secundaria, puxo en marcha esta iniciativa no ano 2013 no IES de A Pobra do Caramiñal, pola que recibiu numerosos premios e recoñecementos ao longo destes anos. 

 









domingo, 26 de novembro de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 MANUEL COLMEIRO Y PENIDO, CIENTÍFICO GALEGO 2023


Todos os cursos, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega, propoñemos traballar a figura do científico ao que se lle adica o Día da Ciencia en Galicia na Real Academia de Galega de Ciencias . Este ano adicouse ao pensador compostelán Manuel Colmeiro, científico social, comprometido co seu tempo e coa modernización económica, social e política de Galicia.

A continuación preséntase un vídeo, protagonizado polo alumnado de 3ºA, no que se pode apreciar que  o estudo destes importantes persoeiros é posible entre o alumnado máis novo. Os nenos e nenas son quen de reflexionar sobre estas figuras descoñecidas para a maioría da sociedade galega, pero importantísimas na evolución social e económica do noso pobo.




venres, 10 de novembro de 2023

MAGOSTO 2023

 FESTA DAS CASTAÑAS 2023


Hoxe celebramos o Magosto no patio do colexio e nas aulas, tamén. Foi unha mágoa non subir como cada ano ao monte de Beade para asar alí, pero o tempo non o permite. O veraniño de san Martiño non fixo acto de presencia este ano. Pero os ecolaxeiros e ecolaxeiras non nos damos por vencidos e achegamos un castañeiro ao centro que fixo posible a degustación deste produto tan típico do outono.

No patio e no ximnasio organizáronse xogos da castaña polos que foron pasando todos e todas. Nas clases encheron decastañas asadas nunhas cestiñas feitas polo alumnado con material de reciclaxe e listas para comerrrr!

                                     
                                       
  















martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN 2023

 UN LAXEIRO DE MEDO!!!



      Un curso máis celebramos a chegada do Samaín no colexio.

   Tanto o alumnado como profesorado ambientan o centro disfrazados de bruxas e monstros. Os corredores están adornados con motivos terroríficos que fan deste día unha temida xornada. Prográmanse actividades para esta festa. É o caso da colocación de caixas dos sentidos en cada andar, para que nenos e nenas metan dentro as mans a través dun burato para adiviñar o que hai no interior. AIIIIII...QUE SERAAAAÁ!!! Berran moitos e moitas.

     Degústanse unhas terroríficas merendas nas aulas e a BAILAAAAR! A bailar todos xuntos a canción de Uxía Lambona e a banda Molona; O Samaín. Nas clases debuxanse medos que son encerrados nunha caixa para sempre.

    Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse tunear o mural do Día das Linguas,e reconvertir os saúdos en todos os idiomas europeos en palabras galegas referidas ao Samaín. Quedou moi vistoso!!!