os trasnos da web

mércores, 29 de novembro de 2017

O Apalpador

 
O apalpador é unha personaxe da tradición galega nacido no Courel. Está ligado ás festas navideñas e gústalle compartir con todos estes bonitos días. É un pastor grande e bondadoso, de mirada doce e longas barbas que, co seu abrigo cheo de remendos e grandes pasos recorre Galicia enteira.
 
Durante todo o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, cas ramas dos bosques, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa ás aldeas, visita aos rapaces e rapazas casa a casa e lles deixa como agasallo castañas quentes xoguetes de madeira.
 

Panxoliñas para o Nadal

Xa chega o Nadal! dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos propoñer unhas panxoliñas para escoitar nestes días:






Panxoliña de Nadal

Os Bolechas, panxoliñas acatarradas

Mamá Cabra "Xa me tardan"

Estación de Nadal de Mamá Cabra Malvela- O Apalpador

Ani novo

O pelo Roxiño

Buscando unha estrela

Con un sombreiro de palla

Cantigas de Nadal Berrogüeto





Día contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemoruose o "Día internacional contra a violencia de xénero"
Dende o noso colexio queremos solidarizarnos con todas aquelas persoas que sufren ou puideron sufrir nalgún momento maltrato físico ou psicolóxico e dicir un "NON" rotundo contra o maltrato.

A concellería de Igualdade do noso Concello, proporciona enlaces nos que se poden atopar información útil e boas prácticas:
www.minoviomecontrola.com
www.enredatesinmachismo.com
www.pantallasamigas.net

Ademais o grupo A3Media ten unha campaña contra o maltrato denominada "Tolerancia cero contra el maltrato". Nela podemos atopar unha canción que escoitamos nas nosas aulas o venres 24 de novembro cando traballamos este tema.