os trasnos da web

domingo, 11 de novembro de 2018

SAMAÍN

O 31 de outubro celébrase o día de Samaín. No noso colexio, en Educación Infantil, fixemos unha festa:decoramos as aulas e corredores, houbo cabazas, e os nenos e nenas deron moooooooito medo cos seus desfraces terroríficos. Tivemos unha visita especial de dúas bruxas que amenizaron as clases e repartiron caramelos a todos. Ademais neste día falamos dos nosos medos e como afrontalos.







luns, 5 de marzo de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

A semana do 24 de febreiro estivo dedicada á figura de Rosalía de Castro, no cole fixéronse diversas actividades propostas dende o equipo de bilioteca, como a lectura de poemas da autora por parte dos rapaces maiores do colexio aos pequenos, rosas de papel con poemas da autora, lectura de poemas de Rosalía de Castro en todas as clases no tempo diario dedicado a lectura, debuxos da súa cara en diferentes fiestras do colexio (en Infantil ou no ximnasio) marcapáxinas, etc.

Amosamos a continuación algún traballo dos moitos que se fixeron:  




venres, 2 de marzo de 2018

ENTROIDO 2018

Como todos os anos no noso colexio, celebramos o Entroido. Nesta ocasión todos os desfiles e traxes estiveron relacionados co noso Proxecto anual de centro "Queres coñecer Vigo comigo?". Cada nivel educativo escolleu unha temática diferente relacionada coa nosa cidade. Por exemplo, o alumnado de E. Infantil vestiuse con roupa típica da Reconquista, o de 1º de Primaria de mariñeiros e peixeiras do Berbés,  o de 2º do Celta de fútbol...
Pasámolo moi ben, recibimos ás familias e os rapaces e rapazas do noso colexio sentíronse protagonistas por un día.