os trasnos da web

luns, 5 de marzo de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

A semana do 24 de febreiro estivo dedicada á figura de Rosalía de Castro, no cole fixéronse diversas actividades propostas dende o equipo de bilioteca, como a lectura de poemas da autora por parte dos rapaces maiores do colexio aos pequenos, rosas de papel con poemas da autora, lectura de poemas de Rosalía de Castro en todas as clases no tempo diario dedicado a lectura, debuxos da súa cara en diferentes fiestras do colexio (en Infantil ou no ximnasio) marcapáxinas, etc.

Amosamos a continuación algún traballo dos moitos que se fixeron:  




venres, 2 de marzo de 2018

ENTROIDO 2018

Como todos os anos no noso colexio, celebramos o Entroido. Nesta ocasión todos os desfiles e traxes estiveron relacionados co noso Proxecto anual de centro "Queres coñecer Vigo comigo?". Cada nivel educativo escolleu unha temática diferente relacionada coa nosa cidade. Por exemplo, o alumnado de E. Infantil vestiuse con roupa típica da Reconquista, o de 1º de Primaria de mariñeiros e peixeiras do Berbés,  o de 2º do Celta de fútbol...
Pasámolo moi ben, recibimos ás familias e os rapaces e rapazas do noso colexio sentíronse protagonistas por un día.