domingo, 24 de febreiro de 2019
domingo, 11 de novembro de 2018
SAMAÍN
O 31 de outubro celébrase o día de Samaín. No noso colexio, en Educación Infantil, fixemos unha festa:decoramos as aulas e corredores, houbo cabazas, e os nenos e nenas deron moooooooito medo cos seus desfraces terroríficos. Tivemos unha visita especial de dúas bruxas que amenizaron as clases e repartiron caramelos a todos. Ademais neste día falamos dos nosos medos e como afrontalos.
luns, 5 de marzo de 2018
ROSALÍA DE CASTRO
A semana do 24 de febreiro estivo dedicada á figura de Rosalía de Castro, no cole fixéronse diversas actividades propostas dende o equipo de bilioteca, como a lectura de poemas da autora por parte dos rapaces maiores do colexio aos pequenos, rosas de papel con poemas da autora, lectura de poemas de Rosalía de Castro en todas as clases no tempo diario dedicado a lectura, debuxos da súa cara en diferentes fiestras do colexio (en Infantil ou no ximnasio) marcapáxinas, etc.
Amosamos a continuación algún traballo dos moitos que se fixeron:
venres, 2 de marzo de 2018
ENTROIDO 2018
Como todos os anos no noso colexio, celebramos o Entroido. Nesta ocasión todos os desfiles e traxes estiveron relacionados co noso Proxecto anual de centro "Queres coñecer Vigo comigo?". Cada nivel educativo escolleu unha temática diferente relacionada coa nosa cidade. Por exemplo, o alumnado de E. Infantil vestiuse con roupa típica da Reconquista, o de 1º de Primaria de mariñeiros e peixeiras do Berbés, o de 2º do Celta de fútbol...
Pasámolo moi ben, recibimos ás familias e os rapaces e rapazas do noso colexio sentíronse protagonistas por un día.
Pasámolo moi ben, recibimos ás familias e os rapaces e rapazas do noso colexio sentíronse protagonistas por un día.
mércores, 29 de novembro de 2017
O Apalpador
O apalpador é unha personaxe da tradición galega nacido no Courel. Está ligado ás festas navideñas e gústalle compartir con todos estes bonitos días. É un pastor grande e bondadoso, de mirada doce e longas barbas que, co seu abrigo cheo de remendos e grandes pasos recorre Galicia enteira.
Durante todo o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, cas ramas dos bosques, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa ás aldeas, visita aos rapaces e rapazas casa a casa e lles deixa como agasallo castañas quentes xoguetes de madeira.
Panxoliñas para o Nadal
Xa chega o Nadal! dende o equipo de dinamización da lingua galega queremos propoñer unhas panxoliñas para escoitar nestes días:
Panxoliña de Nadal
Os Bolechas, panxoliñas acatarradas
Mamá Cabra "Xa me tardan"
Estación de Nadal de Mamá Cabra Malvela- O Apalpador
Ani novo
O pelo Roxiño
Buscando unha estrela
Con un sombreiro de palla
Cantigas de Nadal Berrogüeto
Panxoliña de Nadal
Os Bolechas, panxoliñas acatarradas
Mamá Cabra "Xa me tardan"
Estación de Nadal de Mamá Cabra Malvela- O Apalpador
Ani novo
O pelo Roxiño
Buscando unha estrela
Con un sombreiro de palla
Cantigas de Nadal Berrogüeto
Día contra a violencia de xénero
O 25 de novembro conmemoruose o "Día internacional contra a violencia de xénero"
Dende o noso colexio queremos solidarizarnos con todas aquelas persoas que sufren ou puideron sufrir nalgún momento maltrato físico ou psicolóxico e dicir un "NON" rotundo contra o maltrato.
A concellería de Igualdade do noso Concello, proporciona enlaces nos que se poden atopar información útil e boas prácticas:
www.minoviomecontrola.com
www.enredatesinmachismo.com
www.pantallasamigas.net
Ademais o grupo A3Media ten unha campaña contra o maltrato denominada "Tolerancia cero contra el maltrato". Nela podemos atopar unha canción que escoitamos nas nosas aulas o venres 24 de novembro cando traballamos este tema.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




