Este curso o Equipo de Dinamización Linguística, en colaboración coa Biblioteca, organizou unha serie de actividades orientadas a seguir coas tradicións de orixe galega. Estudaron nas aulas a lenda da Santa Compaña e elaboraron traballos literarios e plásticos para decorar o centro.
Como cada curso, no Laxeiro, aproveitamos o Día Europeo das Linguas para transmitir ao alumnado a importancia da aprendizaxe de diferentes idiomas. Resaltamos, tamén ,a ventaxe de ser bilingües para facilitar esta aprendizaxe, xa que, se crean habilidades cognitivas e lingüísticas que facilitan o proceso.
Sumámonos á iniciativa do Centro Europeo de Linguas Modernas do Consello de Europa traballando arredor do lema "Os idiomas abren corazóns e mentes!". Entre todas as aulas elaborouse un cartel conmemorativo en forma de quebracabezas: en cada peza aparece unha palabra relacionada co corazón e coa mente en dous idiomas, un deles, por suposto, o galego.
Ademais, na Radio Laxeiro soou un podcast elaborado por alumnado de 5º de Primaria. A través del pódese apreciar o entusiasmo do alumnado pola aprendizaxe doutros idiomas.
ISAAC DÍAZ PARDO HOMENAXEADO NO 2025 POLAS ARTES GALEGAS
Como cada ano, nenos e nenas do Laxeiro fixeron unha fermosa lembraza ao artista galego homenxeado o Día das Artes Galegas.
Este 2025 adícase ao polifacético Isaac Díaz Pardo (1920-2012). Intelectual, pintor, ceramista, deseñador, editor, empresario...pero sobretodo un personaxe moi comprometido co idioma e coa cultura galega.
Os alumnos e alumnas descubriron ao verdadeiro impulsor da restauración da cerámica galega, Sargadelos e investigaron sobre a súa vida e obra.
As Cantareiras do Laxeiro actuaron o pasado
mércores, 14 de maio, acompañadas por un pequeno grupo de nais de alumnos e
exalumnos, así como polo seu profesor Diego, da Academia Traspés. De xeito que
lograron deleitar a toda a comunidade educativa con a súa música e cantigas.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2025 NO LAXEIRO
Desde a semana pasada o alumnado do Laxeiro está preparando unha serie de actividades para festexar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Dado que este ano está adicado ás cantareiras en xeral, e en paticular a Eva Castiñeira, Rosa e Adolfina Casás e ás Cantareiras de Mens; os nenos e nenas están a aprender nas aulas Cantigas Populares galegas. Cada aula decorou estrofas das devanditas cantigas para ambientar o centro. Con estes traballos elaborouse un fermoso mural.
Ademais fixeron debuxos para compoñer
carteis que anuncian esta data.
Carteis tan chamativos como este:
Un pequeno grupo de alumnos está a ensaiar con Fátima, mestra de Infantil e membro do EDLG, afeccionada á música popular; unha actuación para o vindeiro mércores. Estará acompañada por outra nai do centro, invitada para este cometido polo centro.
Na entrada do colexio estase a preparar unha exposición do traxe tradicional galego para que o alumnado o poda apreciar e aprender o nome de cada unha das súas pezas.
Para obter información sobre contidos a traballar co gallo das Letras Galegas 2025, premer nestas ligazóns.
Como é costume no Laxeiro, todos os cursos adícase a semana do 8 de marzo a realizar actividades encamiñadas a fomentar a igualdade de xénero pensando nunha futura cidadanía con valores de participación, xusticia social e solidaridade.
Nas clases o alumnado despois de visionar o vídeo promovido pola Consellería de Política Social e Igualdade que leva por título, "Eu vou comigo", realizáronse debates e postas en común sobre o respecto, a autoestima e o dano emocional que conlevan os estereotipos sociais. Fixéronse, tamén, representacións plásticas destes temas e un mural conmemorativo.
Ademáis traballáronse os logros de mulleres galegas destacadas polo seu traballo, talento e aportación á sociedade. Esta actividade tivo por título "Mulleres que inspiran" e velaiquí unha pequena pincelada dalguhas delas, HAI MOITÍSIMAS MÁIS:
Rosalía de Castro continúa a ser un refernte para o noso alumnado e as súas familias; de feito no Entroidohoubo algunha dedicatoria á insigne autora.
É un pracer disfrutar da intepretación do alumnado do Laxeiro nunha obriña adicada a Rosalía de Castro no seu día, titulada "Rosalía e Castelao, a escena!!!" Queredes velo? Paga a pena!
Con moito agarimo presentamos aos nosos neniños e neniñas do Laxeiro homenaxeando a Rosalía.
Todo o alumnado acudiu á Biblioteca do centro para ver a peciña teatral. Fixéronse tres pases para que todos os cursos puideran asistir; merecen un aplauso ben longo!👏👏
ENCONTROS CON ROSALÍA NA BIBLIOTECA DO CENTRO PARA INFANTIL
O venres, día 21 de febreiro, fíxose unha presentación da escritora para o alumnado de Ed. Infantil na Biblioteca do centro. Alumnos de cuarto de Primaria foron os encargados de falarlle aos máis pequenos sobre a escritora. Cando rematou a presentación, cada neno e nena levou unha pulseira conmemorativa e un poemiña para decorar.
Un grupo de nenos e nenas do Laxeiro están a preparar o seu particular homenaxe á insigne escritora Rosalía de Castro no seu próximo día, o domingo 23 de febreiro. Están a ensaiar unha pequena peza teatral que ten como protagonistas a Rosalía e Castelao, en defensa do idioma. Será representada na Biblioteca do Laxeiro e pasarán todos os cursos para gozar desta obra,
Os máis pequenos colaboraron na pintura de decorados:
Unha vez a obra sexa representada, subirémola ao blog.
Deixamos unhas ligazóns con unidades didácticas para traballar nas aulas;