luns, 12 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

RECITAL DE CANTAREIRAS NO LAXEIRO!!!


As Cantareiras do Laxeiro actuaron o pasado mércores, 14 de maio, acompañadas por un pequeno grupo de nais de alumnos e exalumnos, así como polo seu profesor Diego, da Academia Traspés. De xeito que lograron deleitar a toda a comunidade educativa con a súa música e cantigas.

                                         



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2025 NO LAXEIRO


Desde a semana pasada o alumnado do Laxeiro está preparando unha serie de actividades para festexar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Dado que este ano está adicado ás cantareiras en xeral, e en paticular a Eva Castiñeira, Rosa e Adolfina Casás e ás Cantareiras de Mens; os nenos e nenas están a aprender nas aulas Cantigas Populares galegas. Cada aula decorou estrofas das devanditas cantigas para ambientar o centro. Con estes traballos elaborouse un fermoso mural.
                                                  


Ademais fixeron debuxos para compoñer

carteis que anuncian esta data.



Carteis tan chamativos como este:


Un pequeno grupo de alumnos está a ensaiar con Fátima, mestra de Infantil e membro do EDLG, afeccionada á música popular;  unha actuación para o vindeiro mércores.  Estará acompañada por outra nai do centro, invitada para este cometido polo centro.


Na entrada do colexio estase a preparar unha exposición do traxe tradicional galego para que o alumnado o poda apreciar e aprender o nome de cada unha das súas pezas.


Para obter información sobre contidos a traballar co gallo das Letras Galegas 2025, premer nestas ligazóns.



  

Programa para o mércores, día 14.

>

Ningún comentario:

Publicar un comentario