O apalpador é unha personaxe da tradición galega nacido no Courel. Está ligado ás festas navideñas e gústalle compartir con todos estes bonitos días. É un pastor grande e bondadoso, de mirada doce e longas barbas que, co seu abrigo cheo de remendos e grandes pasos recorre Galicia enteira.
Durante todo o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, cas ramas dos bosques, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa ás aldeas, visita aos rapaces e rapazas casa a casa e lles deixa como agasallo castañas quentes xoguetes de madeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario