xoves, 26 de setembro de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020 NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

      Aproveitamos o Día Europeo das Linguas para dar a benvida a este novo curso académico. Compartimos o argumento da Unión Europea respecto ás linguas como ferramentas para lograr unha maior comprensión intercultural e como elementos chave na rica herdanza cultural do noso continente.
      Por todo isto, taballamos nas aulas o motivo desta conmemoración poñendo  en valor a nosa querida lingua galega. Elaboramos un díptico informativo que os alumnos e alumnas de Primaria levaron para a casa. Decorárono con fermosas verbas  en varios idiomas europeos; palabras como grazas, gracias, obrigada, grazie, danke schön, merci...luciron en varias cores. 
        Sacaron diferentes linguas a pasear; agora ben, as verbas en galego escribíronas ben acomodadas no carriño.




   Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria buscaron e escoitaron  no Google Translate palabras en outros idiomas tan lonxanos coma o croata ou o grego. Comprometéronse a buscar outras cinco na casa e expoñelas ao día seguinte na clase. Resultoulles unha actividade produtiva, xa que, deron conta da importancia da aprendizaxe doutras linguas,  e divertida ao mesmo tempo.



Os máis pequenos sacaron as palabras ao corredor e fixeron un chamativo mural para destacar a importancia da mensaxe desta data.




Ningún comentario:

Publicar un comentario