Hoxe recompilamos traballos feitos polas familias do alumnado de 1º e 2º de Ed Primaria e colocámolos no vestíbulo do centro, en exposición. A petición do profesorado, os nenos e nenas debían elaborar unha representación plástica dun refrán ou dito galego con material de reciclaxe. Deste modo mesturamos o Proxecto Anual de Centro, "Ecolaxeiros, misión salvar a Terra", coa tradición oral en galego.
"Nunca chove a gusto de todos".
"Vas caer"
"Caín da burra"
"Outra vaca no millo!"
"Ata o corenta de maio, non te quites o saio"
"Moito peixe rompe a rede"
"No San Martiño, trompos no camiño"
Os traballos son do máis enxeñoso. Queremos dar as grazas ás familias por dar resposta ás demandas do profesorado e , ao mesmo tempo, felicitalas polo esmero que puxeron na difusión da nosa cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario