Como en anteriores cursos, sumámonos ás propostas da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Trátase de que o alumnado coñeza a precaria situación das correntes migratorias actuais partindo da visión rosaliniana sobre emigración; todo isto baixo o lema: "Errantes polo mundo". Os alumnos e alumnas están a traballar nas aulas poemas da autora que teñen temática migratoria e que, por desgraza, dada a situación actual, atópanse en total vixencia a pesar dos cambios na sociedade pasado máis dun século.
A continuación podemos visionar unha montaxe con algúns destes traballos que serviron para confeccionar o grande mural que expoñemos ao exterior para conmemorar día 24, día de Rosalía de Castro. O tema musical de fondo é un poema de "Cantares Gallegos" ,"Adios ríos, adios fontes...", ao que puxo música o cantante Amancio Prada e que interpretan a capela, dúas antigas alumnas do centro, Mariam e Marina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario