domingo, 3 de maio de 2020

MAIO, O MES DAS LETRAS GALEGAS

 Dende o ano 1963 moitos escritores e escritoras foron homenaxeados con motivo do Día das Letras Galegas . Os bolechas sábeno e cóntanolo nestas curtas que podedes ver  clicando na súa imaxe:




Ademais, fixeron a súa propia versión sobre o nacemento de Scorpio, protagonista da novela do mesmo nome, do escritor Ricardo Carvalho Calero. 





Este ano adicamos o Día das Letras Galegas ao insigne narrador, poeta, ensaísta, lingüista, profesor e pensador don Ricardo Carvalho Calero. Debido á situación de pandemia polo coronavirus,  a celebración desta festividade trasládase ao 31 de outubro, data do aniversario do nacemento do autor. Si clicades no noso cartel conmemorativo,  podedes ver e escoitar a vida do escritor contada por un sobriño seu.




Outro xeito entretido de coñecer a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero é a iniciativa interactiva da Real Academia Galega. Clicade na imaxe:



Se premades abaixo escoitaredes a xente importante da nosa cultura definir  a Carvalho Calero en poucas e fermosas palabras.


                              
                                     
Aprendede xogando a vida e obra deste autor. Preparádevos a descubrir enigmas da súa vida con este xogo. Está xenial!




Estoutra igual vos parece máis sinxela, pero non menos divertida!!!



Para os máis pequenos de Ed. Infantil, as Coordinadoras das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra,  achegáronos este fermoso proxecto. Preme na imaxe:






 Para o alumnado de 5º e 6º deixamos unha proposta de traballo moi interesante sobre O Día das Letras Galegas, de Xosé Antón Vicente.




Hai máis propostas dirixidas a todos os cursos, como a de AGAL(Associaçom Galega da Lingua). Clicade na imaxe e, uhna vez aberta, premade nos enlaces.




A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto co CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña), achegan esta unidade didáctica sobre o autor, con actividades para todas as idades.




Desde o Laxeiro facemos unha proposta propia. Podemos decorar as ventanas das nosas vivendas con esta lámina. Podes descargala, imprimila e coloreala como máis che guste. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario