xoves, 18 de febreiro de 2021

ABRINDO O CAMIÑO DE ROSALÍA

 Comezamos a preparar a comemoración do "Día de Rosalía" . Estamos a organizar actividades encamiñadas ao coñecemento da vida e obra da nosa máis insigne escritora. 

Roteiro Rosaliano: Os Ecolaxeiros abrirán o Camiño de Rosalía. Farano estudando o roteiro onde Rosalía deixou a súa pegada. Os lugares deste percorrido están presentes nos versos da autora. O alumnado recitará estes poemas e realizará representacións plásticas das localidades que o compoñen. A ruta rosaliana foi  promovida, desde os anos oitenta, polo escritor  e estudioso da obra de Rosalía, o galeguista, Avelino Abuín. Cada clase xerará un código para confeccionar un mural colaborativo. A través dos QR poderase acceder ao  traballo do alumnado. Os preparativos:

            

           Ed Infantil no camiño de Rosalía

    


Traballos en familia: Para darlle visibilidade a esta importante data, invitamos  a todo o alumnado  a realizar  un debuxo, en familia, sobre a escritora. Recompilaremos estes traballos e os enviaremos á Deputación de Pontevedra coa finalidade de responder á  súa invitación a participar no concurso "A Nosa Rosalía"https://www.depo.gal/dia-de-rosalia-de-castro



Recitamos poemas de Rosalía en diferentes idiomas: Colaboraremos coa  proposta da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Trátase de recitar poemas de Rosalía en idiomas distintos do galego e castelán. Botamos man do noso alumnado con proxenitores extranxeiros e imos gravar os poemas en rumano, en francés, en inglés.

Recursos para traballar nas aulas:



Ningún comentario:

Publicar un comentario