domingo, 8 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


 ENLACES PARA TRABALLAR A VIDA E OBRA DO AUTOR HOMENAXEADO

Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 
 -Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.
 -Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.
 -Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.

Fonte: 
Real Academia Galega - Seminario Galán - O Portal da Lingua Galega


AS LETRAS GALEGAS NO LAXEIRO.

    Os nenos e nenas do Laxeiro participaron nas dúas actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas. Un liña de cada curso preparou unha actuacíón para participar no FALADOIRO DAS LETRAS GALEGAS, metras que a outra  participou na confección dun mural conmemorativo adicado a Florencio Delgado Zurriagán.
Os máis cativos gozaron da festa das letras poñendo cor ás verbas de Florencio Delgado:






O alumno de 3ºA, David Rey, fixo a súa homenaxe particular ás Letras Galegas e a Florencio Delgado cantando unha pandeirada que foi aclamada polos seus compañeiros e compañeiras.


O mural das Letras xa preside a entrada principal:








Ningún comentario:

Publicar un comentario