venres, 5 de maio de 2023

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA Á CASA DE ROSALÍA

 UNHA VIAXE A PADRÓN 


Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria tiveron a sorte de visitar  a vila de Padrón, lugar enormemente vinculado á figura de Rosalía de Castro. Contaron para esta viaxe cunha guía de excepción, a mestra de Infantil, Isabel García, padronesa de nacemento e de corazón que fixo de cicerone durante o percorrido.

A primeira parada foi na casa onde Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida antes do seu pasamento, La Matanza. Na casa museo, unha guía impartiu unha pequena charla sobre a biografía da autora; a continuación, o alumnado puido circular libremente polas estancias da casa. Ao sair, gozaron do sinxelo e fermoso xardín que rodea a casa.











Cando rematou a visita a Matanza, as crianzas trasladáronse en autobús ata o centro da vila e camiñaron polas rúas pricipais ata chegar á Igrexa de Santiago, onde, segundo a tradición, se atopa a pedra da barca á que os discípulos de Santiago amarraron a embarcación que transportaba  os restos do apóstolo dende Palestina ata Padrón.




 Cando remataron a visita á igrexa andaron ata o parque máis próximo, o Paseo do Espolón, onde puideron merendar, descansar e xogar. Un lugar moi tranquilo cuberto con plátanos de sombras e presidido por dous monumentos aos escritores galegos máis célebres da literatura universal: Rosalía de Castro e Camilo José Cela, premio Nóbel de literatura, padroneses de nacemento.


A nai da mestra Isabel achegouse a saudar aos alumnos e alumnas con moito agarimo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario