Este curso, a ciencia —en toda a súa amplitude— está presente nas actividades complementarias a través do Proxecto Documental Integrado “Ecolaxeiro, superfáns da ciencia”. O punto de partida foi o Día das Bibliotecas, para o que se elaboraron traballos biográficos sobre científicas e científicos destacados empregando os fondos bibliográficos da Biblioteca. O formato escollido para desenvolver estes traballos foi o lapbook. Cada curso seleccionou unha figura científica para o seu estudo.
Como non podía ser menos, desde o Equipo de Dinamización Lingüística propoñemos a figura do protagonista do Día da Ciencia en Galicia 2025: Fernando Calvet y Prats. O alumnado de 3ºA foi o encargado de realizar o traballo sobre este eminente bioquímico, que sentou as bases da industria farmacéutica en Galicia a mediados do século XX.

EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA
Organizouse unha mesa de experimentos na Biblioteca para que o alumnado poida poñer en práctica conceptos como a electricidade estática, o electromagnetismo, a densidade e o comportamento dos líquidos, a tensión superficial ou a refracción da luz.
O alumnado de 5º elaborou carteis para ilustrar a exposición. En grupos de oito, todo o alumnado participa desta actividade. Despois da experiencia realizan unha ficha onde redactan o que máis lles gustou.









Ningún comentario:
Publicar un comentario