luns, 18 de novembro de 2024

SAMAÍN 2024











 O mércores, 30 de novembro celebrouse o Samaín no Laxeiro. Bruxas, meigas, esqueletos e mortos vivientes invadiron o Laxeiro. Todos puideron "Tocar o medo" nas Caixas dos sentidos cheas de terribles texturas. Polo visto, daba noxo meter a man.


Os medos puidéronse enviar o máis lonxe posible dentro da Caixa de correos de Medo.


Pero non sen antes merendar sabrosos ollos de sapo, doces morcegos ou deliciosos dentes de rato.


Ademáis o alumnado nas aulas fixeron traballos de investigación sobre as tradicións galegas destas datas.


O resultado dos estudos foron plasmados en murais informativos.








sábado, 28 de setembro de 2024

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

                      BENVIDOS AO CURSO 2024/2025


Damos a benvida ao curso 2024/2025 cun traballo colaborativo no Día Europeo das Linguas. Que mellor ocasión para trasladar ao noso alumnado a importancia da aprendizaxe de diferentes idiomas, como vehículo para acadar novas oportunidades! Aproveitamos a conmemoración para que os nenos e as nenas se vaian concienciando  da riqueza que supón ter unha lingua propia como seña de identidade dun pobo.

Nas clases,  o alumnado tivo a oportunidade de coñecer palabras noutros idiomas. Decoraron a palabra benvidos e benvidas en distintas linguas e colocáronas nun mural para dar visibilidade ao 26 de setembro, Día das Linguas Europeas.( Alumnos e alumnas deron a benvida en diferntes idiomas.)






xoves, 30 de maio de 2024

VISITA A PADRÓN

                    

 O LAXEIRO COMO MENSAXEIRO

Un ano máis, alumnado de Primaria realizou unha viaxe á vila de Padrón para visitar a Matanza, lugar onde Rosalía pasou o últimos anos da súa vida. 








Esta excursión tivo como novidade a visita ao Concello de Padrón invitados polo propio alcalde, Anxo Rei Arca, grazas á mediación da mestra de infantil Isabel García, padronesa de nacemento e viguesa de adopción. Ela interveu para que o alcalde de Vigo se implicara na visita e enviara unha misiva, a través dos nenos e nenas do Laxeiro, ao seu homólogo padronés afianzando ligazóns entre os dous concellos.

Foron recibidos e recibidas con moito agarimo pola concelleira de Educación e cultura e polo propio alcalde que lles ensinou o despacho da alcaldía e o salón de plenos. Foi neste espazo onde Rey Arca, moi amablemente, lles explicou aos nenos e as nenas o funcionamento da administración local e o xeito democrático de acceder ao goberno. O alumnado escoitouno con moita atención e entregoulle a carta do alcalde de Vigo, xunto cuns pequenos agasallos (libros e unha bandeira da cidade). Pola súa parte, o de Padrón, agradeceu a visita e correspondeu regalando uns libros que serán enviados ao Concello de Vigo.







Foi así como o noso alumnado actuou de mediador entre as dúas autoridades  como pasos previos a un hipotético irmandamento entre as dúas localidades. Á fin e cabo, en Vigo veu a luz a primeira edición de Cantares gallegos.



Como anécdota da viaxe, un grupo de xubilados invitou aos nenos e nenas do Laxeiro a participar no xogo da Chave, o que dá fe da amabilidade dos habitantes de Padrón.



Esta viaxe está financiada pola Deputación de Pontevedra. Dende este recuncho queremos agradecer esta iniciativa cultural.


domingo, 12 de maio de 2024

UN MAIO DE LETRAS E EMOCIÓNS

 

                      UN MAIO DE EMOCIÓNS

Maio está a ser un mes de contacto estreito coas emocións no Laxeiro. As tradicións e a cultura do noso pobo atraen ao alumnado dun xeito especial. As cancións, bailes e poesías galegas arranca neles un sentimento de benestar, entusiasmo e ledicia. Nesta liña titulamos este mes como o MES DAS EMOCIÓNS, pois o feito de que as plantas reverdezan e os días sexan máis longos, implica unha mellora no ánimo de todos e todas.

O bo humor coincide coa preparación da celebración do Día das Letras Galegas 2024, que achega ao colexio un ambiente de cultura, luz e cor. Adornamos as entradas con traballos plásticos que imitan aos xardíns. O mural principal está  adicado a Luisa Villalta, escritora coruñesa homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Nas clases confeccionáronse flores de papel, cada unha delas representa  unha emoción.

 Estes traballos de aula relacionados coas emocións pretenden que o alumnado recoñeza estes sentimentos. Este recoñecemento é o paso previo para xestionar as habIlidades sociais de xeito intelixente e positivo.


  
 
Os nenos e nenas preparan con moita ilusión o Faladoiro das Letras Galegas, están a ensaiar o recitado da poesía de Villalta, poemas musicados adicados ao maio e moitas actuacións máis das que  gozaremos neste festival virtual.

Para estudar a figura de Luisa Villalta, o profesorado está traballar nas aulas a importancia da celebración do Día das Letras Galegas con recursos como os carteis conmemorativos da vida e obra desta autora enviados aos centros dende a  Secretaría Xeral da Lingua (SXL); e outros que aparecen nestas ligazóns.









TRABALLOS DE AULA-LETRAS GALEGAS 2024


Os alumnos e alumnas de terceiro B de E. Primaria realizaron uns traballos en grupo para destacar a figura de Luisa Villalta.











xoves, 4 de abril de 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 1 DE ABRIL, DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024


No 2022 a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxeou a Laxeiro, o pintor que da nome ao noso colexio. Aquel ano adicamos gran parte do noso traballo a resaltar a figura do prestixioso artista. Desde entón, temos en conta as propostas da devandita Academia para introducir ao alumnado no coñecemento da arte galega. 

Este ano o artista homenaxeado é o grande escultor Francisco Asorey. As súas fermosas obras pódense admirar en moitas cidades e vilas galegas. Deste xeito, os seus traballos locen maxestuosos nas rúas e prazas de Cambados, A Coruña, Vigo, Ourense ou Santiago de Compostela,

Nado en Cambados, no ano 1889, pronto destacou polas súas habilidades artísticas. Foi enviado a estudar a Barcelona e a Barakaldo (Biscaia) onde exerceu de profesor de debuxo e montou un importante obradoiro. Trasladouse un tempo a Madrid pero pronto regresou á súa Galicia natal; esta vez a Santiago de Compostela, onde morre en 1961. Na capital, ademais traballar nun obradoiro propio, exerceu de profesor anatómico forense na facultade de Mediciña. Foi un escultor absolutamente galego; a súa obra destaca polo gusto polo popular e a tradición da cultura galega.

Os nenos e nenas de 3º curso de Ed. Primaria puideron apreciar con asombro o Monumento a San Francisco na súa viaxe a Santiago de Compostela con motivo dos Encontros do programa 21 Días co Galego e máis. Foi entón cando quedou pendente o estudo da vida e obra de Asorey nas aulas. Aproveitando a conmemoración do Día das Artes en Galicia, o 1 de abril,  achegáronse con moito interés á traxectoria escultórica de Asorey. Por parellas, elixiron as esculturas que máis chamaron a súa atención fixeron representacións plásticas das mesmas.

Os traballos foron recompilados nun mural conmemorativo para destacar a figura do artista. Na montaxe que aparece a continuación pódense apreciar estes traballos.





 

xoves, 22 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA 2024

     

POR ROSALÍA NO LAXEIRO!!!





Hoxe é 23 de febreiro. Como cada curso facemos unha particular homenaxe á principal representante das Letras Galegas, no seu día.

Publicamos enlace a unhas unidades didáctica con sinxelas propostas de traballo nas aulas.


                                               https://drive.google.com/file/d/1y5CUGfyZgXrNkDBrx5nYdUojHGe1eqr5/view?usp=sharing



https://patrifulca.wixsite.com/rosaliadecastro


Un grupo de nenos e nenas de 3º de Educación Primaria interpretaron a canción de Amancio Prada con letra do poema de Rosalía Adios ríos, adios fontes para visualizala nas aulas.




En Ed Infantil estanse a realizar traballos na honra de Rosalía como é o caso destes fermosos murais.







Ademais. na Biblioteca estase a realizar unha recompilación de soños para Rosalía para realizar a exposición: "24 soños para Rosalía" feitos por alumnado de Primaria.



O Equipo de audiovisuais está a preparar un Chatterpix sobre a vida da autora.

Ao longo da mañá, se o tempo o permite, farase un rego simbólico da roseira que hai no horto en lembranza deste día.


Tamén se poden facer traballos plásticos para que o alumnado leve para a casa, como esta tarxeta.1











DÍA DA LINGUA MATERNA 2024

 ENCONTROS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS

 21 DE FEBREIRO.  DÍA DA LINGUA MATERNA


O mércores, día 21, viaxamos a Santiago de Compostela para asistir a un Encontro organizado polo Programa 21 Días co Galego e máis. O evento foi no auditorio, no edificio Fontán, na cidade da Cultura. Acudimos alumnado e profesorado procedentes de 10 centros educativos de toda Galicia. Todos levamos unha actuación representativa do Colexio. Resultou fantástico. Houbo unha grande variedade de interpretacións: actuacións musicais, danza, monicreques, ata un desfile de Entroido e un concurso. 

Pola nosa parte, enviamos uns pandereteiros que deleitaron ao público con tres cantigas que resoaron de marabilla.




Aproveitamos a viaxe para facer a nosa particular homenaxe ao Apóstolo.