venres, 6 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

        No Pintor Laxeiro estamos moi comprometidos e comprometidas coa igualdade de sexos. Coeducamos e rexeitamos calquera tipo de discriminación por motivos de sexo.

Traballamos a igualdade entre homes e mulleres de forma transversal e específica.
A nosa linguaxe é inclusiva, facendo visibles sempre os dous xéneros. A participación na aula tamén é igualitaria, independentemente da tarefa a realizar. Os xogos son non sexistas, facilitando o traballo e a opinión de todos e todas en calquera contexto.

          Este curso, dende as primeiras datas, puxemos en valor á muller galega. Deste xeito, no mes da ciencia, estudamos a labor encomiable de notables científicas galegas. Continuamos, redescobrindo a figura da nosa voz, Rosalía de Castro, como referente do feminismo nunha época infinitamente máis difícil cá nosa en canto ás oportunidades para a muller. Proba disto é o mural no que estivemos traballando co gallo do 8 de marzo e que acompaña ao que fixemos para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía.
Desta vez combinamos unha imaxe da autora revestida de de actualidade cun libro na man: "Feminismo para principiantes", con mulleres debuxadas polo alumnado de terceiro e sexto de Ed. Primaria, e cunha pasaxe do título "El caballero de las botas azules" Venid ahora vosotras, esclavas mías, hermosas hijas del libre pensamiento, que lucháis por romper unas cadenas que sólo desata la muerte; valientes amazonas que no vaciláis en medir vuestras fuerzas con el gigante invisible que os vence…

Compoñendo o mural

Resultado final


Cara ao exterior

              Asemade, temos  a satisfacción de que o noso colexio foi galardoado co primeiro premio no concurso de carteis promovido polo Servizo de Igualdade e a Consellería de Educación, na modalidade de1º, 2º,3º e 4º de Ed Primaria. O devandito cartel é este:

Confeccionado por alumnado de 1ºB

Como se pode ler, o lema é "MULLERES DO MUNDO, BAIXO A MESMA BANDEIRA"
En base a esta lenda e tomando como referencia as mulleres que aparecen no cartel, cada curso compuxo un pequeno poema que poñeremos en común, a modo de manifesto, nun acto de celebración no patio do colexio, o vindeiro luns, día 9, ás 12:00h.


Ningún comentario:

Publicar un comentario