Aproveitamos a conmemoración do Día Europeo das Linguas para dar a benvida ao novo curso académico. Como en cursos anteriores achegamos ao noso alumnado a importancia da aprendizaxe doutras linguas e, ao mesmo tempo, homenaxeamos a diversidade lingüística do continente europeo, onde se falan máis de duascentas linguas propias. Neste curso imos estudar en profundidade o Camiño de Santiago a través do proxecto de centro titulado, "Ecolaxeiros, construíndo camiños". Estamos convencidos e convencidas de que a diversidade lingüística resulta unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural.
O Camiño, desde hai máis de mil anos, resulta un ente difusor dos grandes movementos culturais de Europa. É transitado maioritariamente por peregrinos italianos, alemáns, americanos, portugueses, irlandeses, ingleses e doutros paises. Nesta particular Torre de Babel, o inglés é a lingua que usan os peregrinos extranxeiros para entenderse entre eles e con nós, pero de seguro que todos aprenden algunha frase do noso querido idioma galego. Nas clases o alumnado buscou a frase, "Boa viaxe" en diferentes linguas.
En alemán:
En francés:
En grego:
En portugués:
En castelán:
En latín:
En vasco:
Os alumnos de 4º de Ed Infantil puxeron a nota máis culta ao traducir boa viaxe ao latín, deste xeito, desde ben pequenos vanse facendo á idea de que todas as linguas romances , entre elas o galego, o francés, o italiano, o rumano, o castelán, o portugués, o catalán..., proceden do mesmo tronco.
Por outra banda, todos e todas coloraron unha cuncha conmemorativa sobre a relevancia desta data. Levárona para a casa e informaron ás familias sobre a necesidade da aprendizaxe doutros idiomas tanto na escola como fóra dela.
- En 3º de Primaria:
Ningún comentario:
Publicar un comentario