xoves, 20 de xaneiro de 2022

PREPARANDO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA.

 Comezamos os preparativos para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, 2022. Dende infantil adiante, en todas as aulas burbulla, estase a ensaiar a canción de Toquinho, "Acuarela", traducida do castelán ao galego. Na letra deste fermoso tema hai mensaxes de Paz i esperanza. Estas verbas, relacionadas coas cores da natureza, resultan oportunas para traballar co alumnado o valor dun futuro en paz: "PENSA QUE O FUTURO É UNHA ACUERELA E O TEU FUTURO UN LENZO QUE COLOREAR"


Podemos escoitar aos nenos e nenas de 3º de Primaria ensaiar o tema:


                            

Por outra banda, estanse a elaborar murais conmemorativos.


Na mesma liña se traballa na Biblioteca. Fíxose unha selección de títulos relacionados coa Paz e Non Violencia que foron expostos á entrada da Biblioteca. Deste xeito, o alumnado pode escoller un destes títulos para ler nestas datas.

                                                                         
Despois do baile da Paz, o venres 28, os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha serie de xogos cooperativos e inclusivos no patio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario