mércores, 30 de marzo de 2022

DÍA DAS ARTES GALEGAS: OBRADOIRO SOBRE LAXEIRO

 Con motivo do Día das Artes Galegas,  a Deputación de Pontevedra presentou nas aulas do noso centro, unha actividade didáctica sobre a figura do pintor José Otero Abeledo, LAXEIRO. A Academia de Bellas Artes de Galicia adica este ano ao insigne pintor. 

  A actividade foi proposta a tres colexios da cidade de Pontevedra, Lalín e Vigo. Dirixido ao alumnado de 3º de Ed Primaria, consistiu nun obradoiro guiado por dúas monitoras desprazadas ao centro, Ana e África, arquitectas de formación e vinculadas ás artes. 

  Comezaron cunha parte máis didáctica narrada sobre a vida e obra de Laxeiro, na que explicaron aos nenos e nenas o que iban facer na práctica. A continuación, realizaron representacións plásticas inspiradas nos traballos de Laxeiro. E, por último, confeccionaron unha acción colectiva sobre grandes lenzos/papeis que se xuntarán cos dos outros centros o vindeiro venres, 1 de abril,  Día das Artes Galegas, para crear un gran mural ou exposición. Os colexios da cidade de Pontevedra farán a posta en común presencial, mentras que os de Vigo e Lalín farémolo vía streaming.   

                                    

                                                      















Ningún comentario:

Publicar un comentario