Foi un enorme pracer recibir hoxe a visita dos alumnos e alumnas de 1º da ESO do Ies Laxeiro de Lalín. Aproveitando unha excursión á Fundación Laxeiro de Vigo, achegáronse ao noso colexio para coñecernos persoalmente e facer unha posta en común de traballos sobre Laxeiro.
Ao comezo do curso, como o Proxecto Anual está adicado á arte centrada na obra de Laxeiro, puxémonos en contacto co IES Laxeiro de Lalín, dado que compartimos o mesmo nome, e fixémoslle unha proposta de traballo común. A iniciativa foi acollida con entusiasmo por ámbolos dous centros educativos e elaboramos uns carteis divulgativos sobre a vida e obra do artista. O resultado do traballo resultou moi proveitoso.
Na visita, os alumnos e alumnas de Lalín, acompañados polos seus profesores, realizaron un percorrido polos corredores guiados por un pequeno grupo de rapaces e rapazas de 5º de Ed Primaria que lles mostraron os traballos artísticos feitos polos nenos e nenas do Laxeiro.
A continuación, acudiron á sala de audiovisuais para facer a posta en común da tarefa realizada en ámbolos dous centros educativos. Os alumnos de 5º de Primaria foron os encargados de mostrar os nosos carteis, mentras que os alumnos da ESO fixeron o mesmo cos seus. Recibiron a visita sorpresa do Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, que acolleu satisfactoriamente a iniciativa de traballo en equipo dos dous centros educativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario