xoves, 20 de outubro de 2022

ECOLAXEIRO NAS NUBES: CHARLA DIDÁCTICA POLO "DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO"

CHARLA VIRTUAL SOBRE O QUENTAMENTO DO PLANETA.


Tal e como estaba programado, o pasado luns 24 de outubro, conectamos coa UVigo para recibir unha charla sobre os perigos do cambio climático e as posibles actuacións para mitigar as consecuencias do mesmo. A conferencia foi a cargo da profesora universitaria, Nieves Lorenzo González, doutora en física e experta no tema. 

A charla é o pistoletazo de saída ao Proxecto Anual de Centro deste curso 2022/2023 que versará sobre as causas e consecuencias do quentamento global.

A profesora Lorenzo impartiu de xeito ameno e adaptado ás idades do alumnado, unha produtiva e interesante charla. Ao rematar a disertación respondeu a todas as dúbidas plantexadas polos  nenos e nenas. Tanto foi así que as dúas sesións, unha para  1º, 2º, 3º de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º prolongáronse durante case dúas horas.

Dende este recuncho queremos agradecer a boa labor da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) en pro da difusión da ciencia entre os escolares, con resultados moi positivos na formación de futuras xeracións.


         
















------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O videiro luns, 24 de outubro, como cada ano conmemórase en todo o mundo o Día Internacional contra o Cambio Climático. Esta celebración foi instaurada polas Nacións Unida para concienciar dos grandes danos que se están a xerar como consecuencia do cambio climático en todo o planeta.

  Para presentar e informar  sobre as causas, consecuencias e solucións  a este problema, a profesora e investigadora da Universidad de Vigo no departamento de Física Aplicada, a doutora Nieves Lorenzo González impartirá unha charla virtual a todos os nenos e nenas de Ed Primaria.

Día: luns, 24 de outubro

Hora: Ás 10h conectaránse os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Primaria.

          Ás 12h conectaránse alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria.

  Ademáis, a doutora Lorenzo colabora coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) na difusión de iniciativas vinculadas a fomentar as vocacións femininas na ciencia.

https://cim.uvigo.gal/es/2020/03/quero-ser-investigadora-un-proxecto-para-visibilizar-cientificas-actuais/

                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario