luns, 15 de xaneiro de 2024

21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS

 NO LAXEIRO, 21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS

Está a piques de comenzar no colexio o programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, 21 Días en Galego e máis , que ten como finalidade promover o uso do galego entre a xente nova, dentro e fóra do colexio.

Esta iniciativa é para que todos e todas falemos máis o galego e para axudarnos a pensar a relación que temos coas linguas e máis concretamente co galego. Xorde coa ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua chea de posibilidades. Ten a vontade de implicar aos nenos e nenas na procura de que o galego sexa a lingua normal de uso en todos os ámbitos. Implicarase ás familias enviando posibilidades para xogar cos seus fillos e fillas en galego. Graváronse xogos coma Tabú, Pasagalego, Adiviñas para animar á participación.


No colexio xa se está a ensaiar, con moita ilusión, a inaguración do devandito programa. Foron meses de preparación que por fin podemos gozar.




INAGURACIÓN DO PROGRAMA

O mércores asistimos aos actos de inaguración do programa. Pásamolo moi ben e adquirimos o compromiso de levar o galego máis alá da asignatura de lingua galega.



                                                                                                                                                                        




                                         


ACTIVIDADES 21 DÍAS EN GALEGO- XOGOS


Xa está en marcha o programa. todos os días conectamos co blog "21 Días co Galego e máis"https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ na Hora de Ler e visionamos nas aulas un vídeo expositivo, cada día, que nos invita a facer reflexións lingüísticas e a traballar sobre os temas expostos.

          Ademais, no tempo de lecer, o alumnado disfruta de xogos populares e un karaoke. Única                        condición para participar FALAR EN GALEGO.




CLAUSURA 21 DÍAS CO GALEGO.

 

 

O pasado 6 de febreiro rematamamos oficialmente a nosa participación no Programa 21 Días co Galego e máis. Estamos satisfeitas cos resultados acadados, xa que achegamos a impotancia do noso idioma ao alumnado e ás familias coa finalidade de concienciar a todos de que o galego é unha lingua útil. Forma parte da nosa identidade, da nosa cultura. Realmente,  é un puntal que nos distingue do resto das Comunidades Autónomas. É necesario transmitirllo ás novas xeracións para que non se perda no tempo. É o noso TESOURO. Debémosllo aos nosos devanceiros...falálalo, lelo, querelo, sentilo, transmitilo.

 

GRAZAS á iniciativa 21 Días co Galego e máis. Foron días intensos de traballo transversal, pero satisfactorios por ver ao alumnado entusiamado coa preparación e gravación de vídeos, actuacións, charlas na radio galega, conexións con personaxes da televisión de Galicia.

 

O programa remata. Dende este recuncho,  queremos dar as GRAZAS a todos e todas os/as que partcipástedes: alumnado, profesorado, familias, autoridades, prensa (xornais Atántico e Faro de Vigo, por darlle visibilidade ao traballo), ao Galicia por Diante  por dar voz a pais deste centro, a alumnos e alumnas e ao profesorado.

 

GRAZAS á coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Pontevedra por pensar no Ceip Pl Pintor Laxeiro para participar neste Programa e, sobre todo, a PILAR PONTE, a coordinadora e  promotora dos 21 Días en Galego e máis, por animarnos, orientarnos e axudarnos coa súa experiencia na materia. Pilar Ponte é profesora de galego en Secundaria, puxo en marcha esta iniciativa no ano 2013 no IES de A Pobra do Caramiñal, pola que recibiu numerosos premios e recoñecementos ao longo destes anos. 

 









Ningún comentario:

Publicar un comentario