sábado, 27 de setembro de 2025

 DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2025 NO LAXEIRO

      Como cada curso, no Laxeiro, aproveitamos o Día Europeo das Linguas para transmitir ao alumnado a importancia da aprendizaxe de diferentes idiomas. Resaltamos, tamén ,a ventaxe de ser bilingües para facilitar esta aprendizaxe, xa que, se crean habilidades cognitivas e lingüísticas  que facilitan o proceso.

      Sumámonos á iniciativa do Centro Europeo de Linguas Modernas do Consello de Europa traballando arredor do lema "Os idiomas abren corazóns e mentes!". Entre todas as aulas elaborouse un cartel conmemorativo en forma de quebracabez
as: en cada peza aparece unha palabra relacionada co corazón e coa mente en dous idiomas, un deles, por suposto, o galego.

Ademais, na Radio Laxeiro soou un podcast elaborado por alumnado de 5º de Primaria. A través del pódese apreciar o entusiasmo do alumnado pola aprendizaxe doutros idiomas. 

https://www.youtube.com/watch?v=eDJoRuXbL_U






Ningún comentario:

Publicar un comentario