luns, 28 de setembro de 2026
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2026/2027
sábado, 23 de maio de 2026
ACTIVIDADE DINAMIZACIÓN LECTORA INTERCENTROS
LECTURAS COMPARTIDAS LAXEIRO/VALEIXE
Co gallo do Día do Libro 2026, o pasado 23 de abril, os Equipos de Dinamización do Laxeiro e do CEIP de Valeixe, na Cañiza, compartimos unha actividade intercentros de intercambio de lecturas titulada “Invitacións lectoras”, da que xa demos conta nunha entrada anterior deste blog.
A actividade consistiu en que o alumnado de 3º curso de Educación Primaria agasallase os nenos e nenas de Valeixe cun exemplar procedente do expurgo da Biblio Laxeiro. Estes títulos retíranse da biblioteca para dar cabida a novas incorporacións e manter o fondo actualizado, e non pola súa falta de calidade literaria.
Así foi como, con moita ilusión, fixemos chegar cincuenta e tres libros, cada un deles acompañado dun marcapáxinas personalizado no que o alumnado escribiu os motivos polos que recomendaba a súa lectura.
Os nenos e nenas de Valeixe quedaron sorprendidos e encantados ao recibir a caixa de libros xunto cos saúdos do alumnado e profesorado implicado do Laxeiro; tan sorprendidos e agradecidos como quedamos nós ao recibir a súa resposta.
Achegáron ao colexio. unha orixinal e creativa caixa de agasallo cunha manualidade confeccionada a partir dun libro de expurgo, pulseiras feitas á man coa frase motivadora “Eu leo” e un fermoso cadro pintado polo alumnado, que inclúe un código QR coa ligazón a un conto creado por eles e rubricado ao modo de Laxeiro.
xoves, 14 de maio de 2026
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2026 NO LAXEIRO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026
Esta semana conmemoramos a chegada do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, dedicado este ano á polifacética escritora viguesa Begoña Caamaño.
O pasado 12 de marzo, aproveitando a visita da súa irmá ao centro para gravar un podcast, realizamos un acto de homenaxe á autora. Ademais, ao longo desta semana estamos a desenvolver distintas actividades nas aulas para coñecer e recoñecer a súa figura e a súa achega á cultura galega.
Os nenos e nenas de 6ºB realizaron traballos sobre as distintas facetas da autora que serviron para confeccionar un mural conmemorativo colocado á entrada do centro para darlle visibilidade a esta data.
Ademais, o alumnado de 5ºB preparou unha pequena representación de teatro lido na que se realiza un percorrido pola vida da escritora. Este grupo visitou as aulas de Primaria coa dramatización titulada Roteiro sobre Begoña Caamaño.
Na Bibliolaxeiro está a disposición dos usuarios unha exposición de libros adicados ás Letras Galegas 2026. Deste xeito pódense consultar, ler e gozar de libros en galego.
Aproveitamos este recuncho para anunciar que o podcast adicado a Begoña Caamaño foi galardoado co 1º Premio do VIII Concurso de Podscast na Radio na Biblio.PARABÉNS a todos os participantes!!! Para escoitalo premer na ligazón:
https://drive.google.com/file/d/17aXiMcDMUqw4_95pFiY-YYI2o4auWcyE/view?usp=drivesdk
martes, 28 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO 2026
DÍA DO LIBRO NO LAXEIRO
mércores, 25 de marzo de 2026
domingo, 15 de marzo de 2026
domingo, 1 de marzo de 2026
ROSALÍA DE CASTRO 2026
DÍA DE ROSALÍA 2026 NO LAXEIRO
luns, 16 de febreiro de 2026
ENTROIDO 2026
PERSONAXES DO ENTROIDO
Esta festividade serviu de ocasión perfecta para achegar aos máis cativos as personaxes emblemáticas do Entroido en Galicia. A iniciativa foi levada a cabo por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria, que asumiron a tarefa con grande entusiasmo.
O soporte escollido para a presentación foi o pequeno teatro Kamishibai, un formato dinámico e moi atractivo para o os escolares máis novos. Para a elaboración das imaxes tomouse como referencia o libro É tempo de Entroido, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra.
O resultado foi fantástico e o esforzo do alumnado quedou reflectido nunha montaxe que permite apreciar todo o traballo realizado.
venres, 30 de xaneiro de 2026
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
DÍA DA PAZ 2026
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase en todos os centros de ensino o Día Escolar da non Violencia e a Paz. Esta data coincide co aniversario do asasinato no 1948 dun home sinxelo, convertido en heroe pola memoria popular, activista político e defensor da non violencia e a paz como camiño.
A PAZ está intimamente vinculada ao respecto, á igualdade, á coeducación, á xustiza, á felicidade, á tolerancia e á cooperación. Todos estes valores foron traballados nas aulas do Laxeiro dun xeito específico ao longo desta semana, sen esquecer que constitúen o motor que impulsa a educación e a formación do noso alumnado. Con este propósito deseñouse e levouse á práctica unha serie de actividades, con alusións á ciencia —tema do Proxecto Anual 2026—.
ELEMENTOS PARA A PAZ. Co obxectivo de espertar o interese pola química a través do xogo coas palabras, traballáronse os símbolos químicos buscando termos relacionados cos valores da paz e da convivencia. Así, por exemplo, o H de hidróxeno transformouse na palabra humanidade, tan necesaria nos nosos días. Con todos estes elementos convertidos en fermosas palabras, elaborouse unha Táboa Periódica para a Paz. Esta actividade foi realizada polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
LABORATORIO DE PAZ. Dirixida ao alumnado de Educación Infantil, 4º e 6º de Educación Primaria. Cada aula inventou un aparello, máquina, fórmula ou vacina para acadar a Paz, como por exemplo unha máquina para dar abrazos ou un “cortaodios”. O alumnado debuxou os seus inventos e, con todos eles, confeccionouse un vistoso mural.
xoves, 4 de decembro de 2025
MES DA CIENCIA EN GALEGO: NOVEMBRO
Este curso, a ciencia —en toda a súa amplitude— está presente nas actividades complementarias a través do Proxecto Documental Integrado “Ecolaxeiro, superfáns da ciencia”. O punto de partida foi o Día das Bibliotecas, para o que se elaboraron traballos biográficos sobre científicas e científicos destacados empregando os fondos bibliográficos da Biblioteca. O formato escollido para desenvolver estes traballos foi o lapbook. Cada curso seleccionou unha figura científica para o seu estudo.

xoves, 30 de outubro de 2025
SAMAÍN 2025
A SANTA COMPAÑA NO LAXEIRO
Este curso o Equipo de Dinamización Linguística, en colaboración coa Biblioteca, organizou unha serie de actividades orientadas a seguir coas tradicións de orixe galega. Estudaron nas aulas a lenda da Santa Compaña e elaboraron traballos literarios e plásticos para decorar o centro.
sábado, 27 de setembro de 2025
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2025 NO LAXEIRO
Como cada curso, no Laxeiro, aproveitamos o Día Europeo das Linguas para transmitir ao alumnado a importancia da aprendizaxe de diferentes idiomas. Resaltamos, tamén ,a ventaxe de ser bilingües para facilitar esta aprendizaxe, xa que, se crean habilidades cognitivas e lingüísticas que facilitan o proceso.
Ademais, na Radio Laxeiro soou un podcast elaborado por alumnado de 5º de Primaria. A través del pódese apreciar o entusiasmo do alumnado pola aprendizaxe doutros idiomas.
https://www.youtube.com/watch?v=eDJoRuXbL_U
xoves, 12 de xuño de 2025
ISAAC DÍAZ PARDO NO LAXEIRO
ISAAC DÍAZ PARDO HOMENAXEADO NO 2025 POLAS ARTES GALEGAS
luns, 12 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
As Cantareiras do Laxeiro actuaron o pasado
mércores, 14 de maio, acompañadas por un pequeno grupo de nais de alumnos e
exalumnos, así como polo seu profesor Diego, da Academia Traspés. De xeito que
lograron deleitar a toda a comunidade educativa con a súa música e cantigas.
carteis que anuncian esta data.
venres, 14 de marzo de 2025
DÍA DA MULLER NO LAXEIRO
CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO NO LAXEIRO
Como é costume no Laxeiro, todos os cursos adícase a semana do 8 de marzo a realizar actividades encamiñadas a fomentar a igualdade de xénero pensando nunha futura cidadanía con valores de participación, xusticia social e solidaridade.
Nas clases o alumnado despois de visionar o vídeo promovido pola Consellería de Política Social e Igualdade que leva por título, "Eu vou comigo", realizáronse debates e postas en común sobre o respecto, a autoestima e o dano emocional que conlevan os estereotipos sociais. Fixéronse, tamén, representacións plásticas destes temas e un mural conmemorativo.
Ademáis traballáronse os logros de mulleres galegas destacadas polo seu traballo, talento e aportación á sociedade. Esta actividade tivo por título "Mulleres que inspiran" e velaiquí unha pequena pincelada dalguhas delas, HAI MOITÍSIMAS MÁIS:
Rosalía de Castro continúa a ser un refernte para o noso alumnado e as súas familias; de feito no Entroido houbo algunha dedicatoria á insigne autora.
domingo, 23 de febreiro de 2025
ROSALÍA NO LAXEIRO
ROSALÍA E CASTELAO, A ESCENA!!
É un pracer disfrutar da intepretación do alumnado do Laxeiro nunha obriña adicada a Rosalía de Castro no seu día, titulada "Rosalía e Castelao, a escena!!!" Queredes velo? Paga a pena!
Con moito agarimo presentamos aos nosos neniños e neniñas do Laxeiro homenaxeando a Rosalía.
ENCONTROS CON ROSALÍA NA BIBLIOTECA DO CENTRO PARA INFANTIL
O venres, día 21 de febreiro, fíxose unha presentación da escritora para o alumnado de Ed. Infantil na Biblioteca do centro. Alumnos de cuarto de Primaria foron os encargados de falarlle aos máis pequenos sobre a escritora. Cando rematou a presentación, cada neno e nena levou unha pulseira conmemorativa e un poemiña para decorar.
martes, 18 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA 2025
PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA NO LAXEIRO
Un grupo de nenos e nenas do Laxeiro están a preparar o seu particular homenaxe á insigne escritora Rosalía de Castro no seu próximo día, o domingo 23 de febreiro. Están a ensaiar unha pequena peza teatral que ten como protagonistas a Rosalía e Castelao, en defensa do idioma. Será representada na Biblioteca do Laxeiro e pasarán todos os cursos para gozar desta obra,
Os máis pequenos colaboraron na pintura de decorados:
mércores, 5 de febreiro de 2025
O TEATRO NO LAXEIRO
luns, 20 de xaneiro de 2025
CHARLA SOBRE A ANTIGA FÁBRICA DE CHOCOLATE DE TEIMENDE (OURENSE)
O pasado venres, día 17 de xaneiro, achegouse ao Laxeiro, Loli Casares, membro dunha familia que durante case un século adicouse á fabricación de diferentes tipos de chocolate coa denominación "Chocolate Caldelas" ou "Chocolates Casares". O motivo da súa visita foi impartir unha charla ao alumnado sobre a forma tradicional de elaboración deste doce.
Deste xeito, os nenos e nenas aprenderon os principais ingredientes que leva o chocolate, a procedencia do cacao, as caracterísiticas desta planta, o modo de chegar ás costas españolas dende lugares tan lonxanos coma Guinea Ecuatorial ou Brasil, como se transportaban dende o porto de Bilbao ata Ourense e de ahí a aldea de Teimende en camión. Un camión propiedade da familia Casares.
Unha vez obtidos os sacos de gran de cacao, tostábano e descascábano nunha máquina manual; mesturábano cos outros ingredientes (manteiga de cacao e azúcre) ata obter unha masa líquida. Posteriormente botaban a masa nos moldes e deixábana enfriar nunhas neveiras. Despois envolvían as tabletas en papel de aluminio e en papel etiquetado co logo da fábrica. Unha vez rematado o proceso, o pai levaba o produto fabricado ás tendas de alimentación.
Loli, mestra de profesión, xubilada, adica parte do seu tempo a ir polos centros que o desexen para explicar aos nenos e nenas como o seu avó e despois o seu pai fabricaba o "Chocolate Caldelas".
Todo a charla estivo amenizada con anédotas como cando contou que o seu pai lle mandaba pesar a masa para metela nos moldes, ou como iba traballar á fábrica no verán, nas súas vacacións. Tamén trouxo material para captar a atención do alumnado: rexistros de recepción da mercancía, letras de cambio de pagos de máquinaria para modernizar a fábrica, froito do cacao, grans de cacao para ulir, moldes, tabletas de chocolate. Para rematar, repartiu unha deliciosa onza de choccolate para todos e todas.



























.jpg)






















