sábado, 26 de setembro de 2020

BENVIDA AO CURSO 2020-2021

 Aproveitamos a conmemoración do Día Europeo das Linguas para dar a benvida ao novo curso académico. Como en cursos anteriores achegamos ao noso alumnado a importancia da aprendizaxe doutras linguas e, ao mesmo tempo, homenaxeamos a diversidade lingüística do continente europeo, onde se falan máis de duascentas linguas propias. Neste curso imos  estudar en profundidade o Camiño de Santiago a través do proxecto de centro titulado, "Ecolaxeiros, construíndo camiños". Estamos convencidos e convencidas de que a diversidade lingüística resulta unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural. 


O Camiño, desde hai máis de mil anos, resulta un ente difusor dos grandes movementos culturais de Europa. É transitado maioritariamente por peregrinos italianos, alemáns, americanos, portugueses, irlandeses,  ingleses e doutros paises. Nesta particular Torre de Babel, o inglés é a lingua que usan os peregrinos extranxeiros para entenderse entre eles e con nós, pero de seguro que todos aprenden algunha frase do noso querido idioma galego. Nas clases o alumnado buscou a frase, "Boa viaxe" en diferentes linguas.

                                                                  En alemán:




En francés:


En inglés:


En italiano:


En grego:


En portugués:


En castelán:

                                                      
                                                                       En latín:


En vasco:




Os alumnos de 4º de Ed Infantil puxeron a nota máis culta ao traducir boa viaxe ao latín, deste xeito, desde ben pequenos vanse facendo á idea de que todas as linguas romances , entre elas o galego, o francés, o italiano, o rumano, o castelán, o portugués, o catalán..., proceden do mesmo tronco.

Por outra banda, todos e todas coloraron unha cuncha conmemorativa sobre a relevancia desta data. Levárona para a casa e informaron ás familias sobre a necesidade da aprendizaxe doutros idiomas tanto na escola como fóra dela.

  • En Infantil:

  • En 1º de Primaria:



  • En 3º de Primaria:


  • En 4º de Primaria:



O resultado da actividade foi divertido e moi enriquecedor:












Ningún comentario:

Publicar un comentario