martes, 20 de outubro de 2020

ANDRÉS COMERMA NO DÍA DA CIENCIA EN GALICIA

 Aproveitamos a celebración do Día da ciencia en Galicia, o 8 de outubro, para achegar  a figura de Andrés Comerma aos nosos alumnos e alumnas. Enxeñeiro, arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador, recibiu este ano a homenaxe da Real Academia Galega das Ciencias . Foi  autor do proxecto de construción do Dique de Campá en Ferrol, a obra hidráulica máis importante do século XIX en España.

http://www.descubreferrol.es/index.php?option=com_froute&view=fpoi&id=28&lt=43.4813960&lg=-8.2335740&Itemid=136&route=3&lang=es

 Foi, tamén, pioneiro en tecnoloxía como raios X ou telefonía por cable na nosa comunidade. Ideou un túnel submariño para unir Europa e África por Xibraltar. 

Desexamos que o alumnado sexa consciente da importancia do estudio en pro do ben común e Comerna resulta un personaxe exemplar polas súas obras, a súa curiosidade e a súa humanidade. Preocupado pola educación das clases traballadoras, adicoulles moitas veces a súa labor divulgativa con charlas e conferencias en centros obreiros.



Elaboramos un cartel conmemorativo:


Puxémolo á entrada do centro, nun lugar ben visible:






Ningún comentario:

Publicar un comentario