Hoxe, día de San Martiño, celebramos a festa do Magosto no centro.
Disfrutamos dunha xornada de degustación de castañas, asadas por un castañeiro, e de xogos tradicionais no patio.
A véspera da festa, confeccionamos carteis anunciadores e colocámolos na entrada do colexio.
Por quendas, comemos as castañas e baixamos a xogar ao patio. Respectando o protocolo COVID do centro, fixemos a degustación nas aulas burbulla. En Arts, cada alumno/a elaborou o seu propio recipiente dobre para meter castañas e as cascas das mesmas. Que ricas!!
Despois de merendar, empezou o verdadeiramente divertido: os XOGOS populares no patio de recreo. Dividido en zonas de xogo, cada clase foi pasando por un circuito: a castaña no queixo, o baile con castañas, as castañas no camiño, as castañas ao cesto e xogo libre. Resultou divertidísimo!!
Castañas ao cesto. Castañas ao queixo Baile con castañas. |
Nas zonas de xogo libre, as xóvenes promesas do Laxeiro aproveitaron para practicar exercicios de ximnasia. Da gusto velas!!
De volta ás clases, o alumnado realizou traballos referentes á festa do Magosto. Os nenos e nenas de 1º de Primaria elaboraron uns preciosos traballos de plástica.
En Ed Infantil disfrutaron dun magosto moi divertido. Organizáronse xogos populares para eles e elas, tamén. Os de tres aniños foron quen de disfrutar da súa primeira festa das castañas no centro.
Con restriciones por mor do COVID, é certo, pero coa esperanza de volver a unha nova normalidade, no Laxeiro imos continuar coas celebracións tradicionais programadas.
Muy bonitas fotos,,,,aunque sea un año un poco raro...muchas gracias a todos vosotros.por hacer que nuestros niños se diviertan tanto en ese dia de magosto.
ResponderEliminarGrazas por valorar positivamente o noso traballo.
ResponderEliminar