venres, 13 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO. NOVEMBRO 2020

NO LAXEIRO ABRIMOS O CAMIÑO DA CIENCIA EN GALEGO.



 En novembro, mes adicado á ciencia en galego, programamos unha serie de actividades de carácter científico para despertar no noso alumnado o interés por esta disciplina. Os alumnos e alumnas de tres anos foron os primeiros en inagurar o programa de actividades observando diferentes experimentos. Velaiquí un destes momentos:

 

                                          

O alumnado de 5ºB de Ed Infantil transformou a súa clase nun sinxelo laboratorio científico. Todos e todas quedaron abraiados cos resultados como se pode apreciar na imaxe. Se premes na fotografía podes acceder a este didáctico e divertido momento.


Con vinagre, zume de limón, lavavaixelas e bicarbonato,  a profe de 5ºA de Ed Infantil, ensinou ao seu pequeno alumnado o resultado desta mestura. Se premes na imaxe poderás ver  que pasou con este experimento.


Espérannos actividades moi interesantes ofertadas e  programadas pola Unidade científica e deInnovación da Universidade de Vigo.

                                         

 Con puntualidade británica, o martes 17 ás 11:00h, desde a  Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo pedían paso para introducirse virtualmente no Laxeiro. Deste xeito, comezamos coas entrevistas e charlas programadas. 

A primeira cita foi con Ana Garriga Domínguez, profesora de Dereito na Uvigo. Despois dunha breve presentación e a través das cuestións que lle foron formulando os propios alumnos e alumnas, a profesora Garriga expuxo de forma clara e concisa o dereito das persoas á privacidade e á protección dos seus datos en internet. 


En palabras do alumnado:

    "Tivemos unha entrevista con esta investigadora da universidade de Vigo. Falounos sobre a importancia de ter liberdade sen importar a raza, o sexo ou a cultura. Tamén nos comentou que temos que ter coidado cos nosos datos e co uso que facemos deles nas redes sociais., e do perigo que pode ter internet se os nosos pais non o supervisan ata que sexamos maiores".                                                                                                                                                                      Lucas I. P. 5ºA

A continuación o alumnado de 6ºA pudo asistir a unha charla impartida por Imaculada C. Báez Montero, investigadora do Grupo de Investigación de Lengua Española e Lenguas Signadas (GRILES).  Coa axuda dunha intérprete en lingua de signos tratou de concienciar aos nenos e nenas da importancia de aprender outras linguas, entre elas a lingua de signos, xa que, resulta necesario para comunicarse coa comunidade de persoas xordas.


"Explicaronnos que é mellor ser plurilingüe que monolingüe. Tamén que cando eres pequeno é máis fácil aprender linguas. Ademáis cando vén alguén doutro lugar é mellor falar na súa lingua natal. 
Por todo isto, están intentando facer unha lingua de signos escrita. Un cerebro plurilingüe ten máis información que un cerebro monolingüe. Chamóunos moito a  atención o rápido que traducía a inyérprete de lingua de signos.
Dende agora somos máis conscientes da importancia da comunicación en diferentes linguas"
                                                                                                                       Elena e Noa G. 6ºA

O mércores 20, o alumnado de 6ºB gozou dunha entrevista coa bióloga e profesora de bioquímica, xenética e inmunoloxía da Uvigo,  Diana Valverde Pérez. En palabras do alumnado, a entrevista versou sobre o seguinte:


"A charla foi por vídeochamada e tratou sobre as enfermidades hereditarias que tamén son coñecidas como enfermidades xenéticas. As máis coñecidas son o cancro, o asma. a diabetes, etc.
A bióloga presentouse e díxonos que faríamos inha rolda de preguntas.
As preguntas cada vez eran máis interesantes. Por exemplo, as enfermidades hereditarias afectan aos músculos, órganos e impulsos nerviosos (os movementos que facemos).
As quimioterapias fanse para matar o cancro, matando esa célula mutada e teñen un pequeno risco de xenerar enfermidades hereditarias.
A calvicie, a ceguera e a sordera son enfermidades hereditarias. As doenzas hereditarias pódense transmitir dunha familia a outra, pois se, por exemplo se doa un ril infectado por unha enfermidade xenética a outra persoa, os seus fillos terán un 50% de posibilidades de ter esa enfermidade.
amén é posible que unha persoa desenrole unha enfermidade hereditaria sen herdala de ninguén.
As enfermidades xenéticas non sempre teñen que desenrolar sítomas. Unha persoa pode ser asintomática, como no caso do asma, depende dos hábitos de vida que teña o enfermo (alimentación, deporte, entorno, humidade,...)"                                     
                                                                                                                             Xián A. M. 6ºB

A vindeira semana continuaremos co ciclo de entrevistas e charlas...

O xoves 26, ás 10h, o científico Manuel Ángel Pombal do Grupo Neurolam da UVIGO conectouse virtualmente cos nenos e nenas de 4ºB para impartirlles unha charla sobre o comportamento da lamprea. Durante máis dunha hora estiveron escoitando curiosidades sobre este prehistórico animal. A charla resultou moi didáctica e produtiva.



"A lamprea é un animal vertebrado que vive na auga, tanto na salgada como na doce. Máis ou menos o cicloda lamprea é:
Primeiro naca do avo e métese debaixo da area, aproximadamente enter catro e sete anos. Despois volve ao mar ata que cumpre nove anos. Despois volve ao río onde nace para fecundar novos ovos. pouco despois a lamprea morre, e así sucesivamente."
                                                                                                       Antía. 4ºB

Á mesma hora e o mesmo día, os compañeiros e compañeiras de 4ºA participaron nunha charla virtual impartida pola profesora de Bioloxía Funcional e Ciencias da saúde na UVigo, Lourdes Maceira, sobre Medicina e Saúde pública. A través dunha batería de preguntas, a Doutora foi colmando as espectativas do alumnado respecto ao coidado da saúde e mantivo a a tención dos rapaces e rapazas durante unha hora e media, aproximadamente.


Cando rematou a ponencia fixeron un resumo cun debuxo sobre a actividade. O resultado da actividade foi máis que satisfactorio.
"Hoxe tivemos unha videoconferencia cunha profesora de Bioloxía da Uvigo chamada Lourdes Maceiras. Falamos de moitas, moitas cousas, pero a principal foi da saúde. Toda a clase estaba nerviosa cando nos estabamos conectando. Foi máis ou menos ás dez da mañá..."
                                                                                                       Julia 4ºA


"...Falounos do importante que é coidar a saúde e de que debiamos ter coidado cos accidentes, tanto na casa como no colexio e na rúa. Tamén o importante que é a hixiene que serve para previr as enfermidadaes. Díxonos que debiamos ducharnos a diario, cepillar os dentes e ademaos lavar as mans antes de cada comida e sempre que estean sucias.
Falounos da conservación dos alimentos, que se consegue mediante a calor, o frío e os conservantes.
Outros temas que tratou foron a postura, debemos estar rectos para coller obxectos pesados. Do descanso que precisamos para encontrarnos ben, e de que un neno da nosa idade debe durmir 10 horas diarias. Tamén nos dixo que as árbores nos aportan osíxeno e que non debemos tirar plásticos nin papeis ao chan, nin a auga. A continuación falounos da hixiene dos alimentos, que debiamos lavar os alimentos antes de cociñalos.
Por último explicounos os hábitos negativos que son, por exemplo, o tabaquismo, o alcohol, as drogas, e o tomar moitos doces. Foi unha charla moi interesante na que aprendimos moitas cousas".
                                                                                                                                    Álvaro 4ºA

O venres, 4 de decembro ás 12:30h, entrou virtualmente no colexio a profesora da Uvigo, Francisca Fariña, investigadora principal dun grupo de psicoloxía xurídica. O motivo, ser entrevistada polo alumnado de 4ºA de Ed Primaria. Tras unha breve e moi agradable presentación, Francisca explicou en que consiste o termo xurídico en psicoloxía. Cunha linguaxe sinxela e unha amena conversa  foi quen de colmar a curiosidade dos nenos e nenas e manter a súa atención por máis dunha hora. 
Falou da psicoloxía desde a súa vertente de servizo público, xa que, nos axuda a resolver conflitos e a solucionar problemas que poden aparecer ao longo da vida. 
Falou da necesidade  de ter coñecementos de Psicoloxía en certas profesións como a dos mestres/as ou traballadores/as sociais.
Apaixonada do seu traballo, invitou a nenos e nenas a pertencer, nun futuro, á comunidade universitaria de Vigo.
Para rematar dixo que o fin da Psicoloxía era facer máis felices ás persoas que teñen problemas.
Moitas grazas a Francisca Fariña polas as súas amplas respostas. Hoxe sabemos algo máis sobre a necesidade da Psicoloxía na sociedade. 


Coa intervención da profesora Francisca Fariña damos por concluído o ciclo de conferencias impartidas desde a Universidade de Vigo por este ano. Só nos queda agradecer a colaboración doutras institucións, neste caso a UVigo, na nosa labor docente.
"Hoxe tivemos unha vídeoconferencia cunha sicóloga chamada Francisca Fariña. Contóunos en que consistía a súa profesión. Poden ir ao sicólogo tanto nenos e nenas como adultos, cando non nos encontramos ben de saúde mental. Por exemplo, cando os pais se divorcian, cando algúen próximo morre, ou cando non temos ganas de rir... O número de sesións depende do problema das persoas e do que che diga o sicólogo. 
É unha profesión moi bonita. Pode ser que cando sexa maior sexa sicóloga como Francisca Fariña!

                                                                                                                          Gabriela. 4ºA
EXPERIMENTOS FÁCILES E DIVERTIDOS.

                                   

Ningún comentario:

Publicar un comentario