mércores, 20 de xaneiro de 2021

ÚLTIMA CHARLA DE CIENCIA EN GALEGO DESDE A UVIGO

 


Hoxe, mércores, a profesora universitaria Eva Teira González, investigadora do grupo de oceanografía biolóxica da Universidade de Vigo, impartiu unha charla sobre oceanografía aos nenos e nenas de 5ºB de Ed. Primaria. A ponencia resultou de enorme interese para o alumnado. Durante case dúas horas, a Profesora logrou manter a curiosidade e aportar importantes coñecementos aos estudantes. Rematou cunha produtiva rolda de cuestións por parte dos nenos e nenas.

A continuación, imaxes da actividade:


O alumnado realizou traballos sobre a charla.

    

 
                                       

       




 DESDE ESTE RECUNCHO DA REDE DESEXAMOS AGRADECER Á UNIDADE DE CULTURA CIENTÍFICA E DA INNOVACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO, O SEU ESFORZO E INTERESE POR ACHEGAR COÑECEMENTOS CIENTÍFICOS DE NIVEL AO NOSO ALUMNADO. 

GRAZAS POR ATENDER Á NOSA DEMANDA. ALUMNADO E PROFESORADO ESPERAMOS SEGUIR EN CONTACTO EN VINDEIRAS CONVOCATORIAS CIENTÍFICAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario