UNHA HISTORIA DE ESPERANZA PARA EMPEZAR O ANO.
Isto ocorreu na biblioteca do Pintor Laxeiro, á volta das vacacións de Nadal.
Un día da primeira semana e na hora de ler, a mestra levounos á biblioteca do centro. Sentamos no chan e comezamos a lectura en silencio. De súpeto, dos libros situados nos andeis empezaron a saír letras: vogais e consoantes en maiúscula e minúscula, de todos os tamaños e cores, seguidas de debuxos e ilustracións. Movíanse sen cesar por toda a estancia buscando unha saída.
Os nenos e nenas, abraiados pola situación, gritamos e intentamos collelas para formar palabras, aínda que non foi posible; atoparon a porta e escaparon por todo o colexio cara ao patio.
Cando chegaron ao máis alto do graderío, puxéronse en formación e construíron a seguinte frase de esperanza e ilusión:
"XUNTOS PODEMOS CO CORONAVIRUS"
Jorge Domínguez, 4ºA
PROPOSTA DE MATERIAIS PARA APRENDIZAXE DA LINGUA GALEGA DA CONCELLARÍA DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA DO CONCELLO DE VIGO
Un ano máis, as organizacións gobernamentais ocúpanse de fomentar o uso das linguas oficiais do noso país. Neste senso, o Concello de Vigo, a través da Concellería de Normalización Lingüística, publica material didáctico para traballar, de xeito lúdico e sinxelo, a aprendizaxe do galego.
PREMER NA SEGUINTE IMAXE:
Ningún comentario:
Publicar un comentario