DÍA DA MULLER NO LAXEIRO
Estamos a realizar traballos cara ao 8 de marzo, Día Internacional da muller. Todo o alumnado debuxou e coloreou á muller da súa vida.
Cos traballos decoramos as entradas e os corredores. Deste xeito, todas as mulleres da vida das nenas e dos nenos van ter visibilidade na nosa escola. Hai nais, avoas, tías, curmás, mestras, veciñas, cantantes, escritoras, ... Todas visten as nosas paredes. Vemos o resultado nas imaxes.
Por outra banda, estamos a estudar mulleres destacadas ao longo da historia. Neste senso, non podía faltar a figura da galega, Concepción Arenal, muller loitadora onde as houbo. Consideramos necesario salientar a súa personalidade e o seu traballo. Como posuidora de grandes valores morais, tan necesarios en calquera sociedade democrática avanzada, lembramos os seus pensamentos e elaboramos representacións plásticas das súas palabras e da súa vida e obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario