O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra enviaron ao centro uns aprezados agasallos pola nosa participación nas actividades programadas, por ámbalas dúas institucións, co gallo do Día de Rosalía.
Por participar e gañar o concurso "A nosa Rosalía" da Deputación, na categoría "Campaniñas", un lote de libros e unhas chapas conmemorativas.
Por participar na actividade do Concello para honrar á escritora coa lectura dos seus versos en diferentes idiomas, recibimos un xogo de mesa didáctico para aprender xogando diferentes aspectos sobre Galicia, "Ti non es de aquí?". Tamén un bloc de notas e un marcapáxinas.
Agradecemos as invitacións tanto do Concello de Vigo como da Deputación Provincial de Pontevedra porque, deste xeito, podemos dar a coñecer o traballo dos alumnos e alumnas do Pintor Laxeiro máis alá do ámbito estritamente escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario