Iniciamos o curso conmemorando o Día das Linguas. Resulta apropiado lembrar nos centros escolares a importancia da aprendizaxe de diferentes idiomas para mellorar a comunicación intercultural e para potenciar o desenrolo de procesos cognitivos dende idades moi temperás. Nas aulas recordamos ao alumnado a sorte que temos de ser bilingües e de poder ser alfabetizados en tres linguas. Destacamos a lingua galega pola súa similitude co portugués, feito que abre un maior abano de posibilidades de comunicación con outros falantes.
Elaboramos un mural colaborativo para dar visibilidade a esta data. O alumnado pintou diferentes cores en distintas linguas. Deste xeito, pódese ler na pintura palabras como: laranxa, orange, naranja, vermello, rojo, red, pink, rosa, green, verdea, marró, ...
Profesores/as e alumnos/as disfrutamos da primeira celebración en común deste curso académico. A continuación, aparecen imaxes do momento da colocación dos traballos no mural:
O alumnado levou para a casa un folleto informativo sobre o Día das Linguas.
Enlaces para ampliar contidos sobre o Día das linguas:
https://www.cervantes.es/lengua_y_ensenanza/colaboracion_instituto_cervantes/dia_europeo_lenguas.htm
https://edl.ecml.at/Teachers/Teachingmaterials/tabid/3097/Default.aspx
https://edl.ecml.at/Activities/languagejourney/tabid/3223/Default.aspx
Ningún comentario:
Publicar un comentario