sábado, 2 de outubro de 2021

NOITE EUROPEA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS

   A Universidade de Vigo invitou aos alumnos e alumnas de 5º y 6º de Educación Primaria a visitar a feira científica que se celebrou o venres pasado no Berbés, con motivo da " Noite galega das persoas investigadoras",  na que se ofreceu ao público infantil obradoiros de divulgación científica. O obxetivo deste evento vai encamiñado a que os nenos e nenas coñezan o traballo que realiza o persoal investigador da citada institución universitaria.

   Dende o Pintor Laxeiro agradecemos este tipo de iniciativas, que achegan a ciencia aos rapaces e despertan en eles/as interse,  ata o punto, nalgúns casos, de cambiar os xogos tradicionais por outros de ámbito científico.

Alumnos e alumnas do Laxeiro nos obradoitos.

Un dos atractivos da mostra  foi o manexo do microscopio.



        Para máis información sobre este evento, premer no enlace:

            https://gnight.gal/cidades/vigo/



   


Ningún comentario:

Publicar un comentario