domingo, 24 de outubro de 2021

SAMÁIN 2021. ESTASE DE MEDO NO LAXEIRO!!!

Achégase o Samaín. Adicaremos esta semana a estudar, e celebrar, esta popular festa propia dos nosos costumes e folclore.

Ambientamos a escola con murais de temática terrorífica.



Nas aulas burbulla, nenos e nenas, aproveitan o tempo da merenda para ensaiar coreografías que porán en común o vindeiro venres, día 29, no patio de lecer. Eso si, respectando as normas Covid.


                               

Na Biblioteca está a disposición do alumnado unha exposición de libros de temática de terrorífica.



 Cada alumno/a poderá encerrar os seus medos e temores na Caixa dos medos coa finalidade de que non molesten.


O venres, 29 de outubro, celebraremos unha Festa de disfraces no patio, desfile incluído. Unha vez rematado, regresaremos ás clases a degustar merendas terroríficas de xeito individual.

Relacionado co proxecto, "Ecolaxeiros: descubrindo a arte", darase a coñecer ao alumnado a obra de Munch, "O grito".
Na entrada xa se pode ler o programa de actos:



Compartimos Unidades Didácticas de outono e Samaín por se interesan:

Ningún comentario:

Publicar un comentario