En Ed. Infantil poñen en práctica sinxelos experimentos que fan as delicias dos máis pequenos. Velaquí o divertido momento da estrela cambiante:
Os nenos e nenas observaron, abraiados, como ao dobrar escarvadentes pola metade quedan unidos por unhas cantas fibras. Ao verter a auga sobre elas ínchanse pola porosidade da madeira e, ao expandirse o volume das fibras, a forma da figura modifícase e así conseguimos que a nosa estrela se abra.
En Ed Primaria están programadas unhas charla tituladas "O pensamento máxico do ciclo da vida" cortesía do Centro Tecnológico de Eficiencia Energética, EnergyLab, situado no Campus Universitario de Vigo, e adicado á investigación e desenvolvemento de proxectos innovadores de eficiencia enerxética e enerxías renovables, que axudan a alcanzar os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e paliar así o cambio climático.
O Centro Tecnolóxico de Eficiencia Enerxétixa, Energylab, publicou a visita ao noso centro na súa web e en redes sociais.
OUTROS EXPERIMENTOS DIVERTIDOS
-
CHUVIA DE CORES:
MATERIAIS:
-1/2 vaso de aceite
.1 vaso de auga
-Colorante alimenticio de varias cores.
Bota aceite nun vaso, engade unas gotiñas de colorante y remexe.
Como xa sabes, as gotas de colorante (formadas básicamente por auga)
non se mesturan co aceite, senón que forman unas boliñas que flotan no interior.
https://www.youtube.com/watch?v=XCImjUjYGzs
- LEITE MÁXICA- EXPLOSIÓN DE CORES:
MATERIAIS;
-un vaso de leite
-colorante alimenticio de varias cores
-xabrón ou deterxente tipo Fairy.
-un bastoncillo
Botamos no plato un vaso de leite. Despois no centro, unhas gotiñas de colorante alimentario que máis nos guste. Para dar o toque final deberemos mollar os bastoncillos no deterxente líquido e… mans á obra!
https://www.youtube.com/watch?v=vknFMOWd-1Y
A AUGA QUE CAMIÑA:
MATERIAIS:
-auga
-papel de cociña
-colorante alimenticio (amarelo, vermello e azul)
Colocar en liña os 7 vasos e enchemos de auga só o 1º, o 3º, o 5º e o 7º. Engadir 5 gotas de colorante vermello no 1º vaso e no último. Despois botamos 5 gotas de colorante amarelo no 3º vaso e por último 5 gotas de colorante azul no 5º vaso.
Doblamos cada papel de cociña á metade ao longo introducíndoos nos vasos e os conectamos entre si. Observaremos como vai viaxando o líquido a través da toalliña de papel ata o outro vaso.
https://www.youtube.com/watch?v=KN6gnmE-vLU
-
LÁMPADA DE LAVA:
-auga
-aceite
-colorante vermello
-unha pastilla efervescente
Botamos 1/2vaso de auga nun bote. Engadimos un vaso de aceite e unhas gotiñas de colorante. E por último a pastilla efervescente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario