mércores, 9 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022




UN MAGOSTO ECOLAXEIRO

Xa está todo listo para celebrar o magosto.



O vindeiro venres día 11, como faciamos hai anos, profesores e alumnado de Primaria subiremos ao monte de Beade para asar e comer castañas. Están avisados os autobuses para o desprazamento. Os panos identificativos listos para usar; e as castañas amosegadas preparadas para asar.
Nenos e nenas de Primaria están a elaborar caixas con materiala de refugallo para levar as castañas. O resultado deste traballo é moi colorido e diverso.


As aulas estanse a decorar con representacións plásticas feitas polos nenos e nenas con motivo desta festa.

Alumnado 4ºB

O alumnado de Infantil gozará da festa no patio do colexio, onde os máis pequenos disporán dun castañeiro que repartirá este froito para a súa degustación.




UN POUCO DE HISTORIA

“Por san Martín faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán.
Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume do fogar nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite é tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao aire libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario