martes, 17 de xaneiro de 2023

CHARLA SOBRE MEDIO AMBIETE

PROGRAMA RECÍCLATE CON SOGAMA


O alumnado de 4º de Ed. Primaria atendeu con moito interese ás detalladas explicacións de Cristina  representante Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA).  O encontro foi programado para educar á poboación máis nova no coidado  do medio ambiente  concretamente dando a coñecer técnicas de separación do lixo para a xestión sostible de residuos urbanos.  

Cristina explicou tamén que ademais da importancia dos tres ERRES (Reducir, Reciclar e Reutilizar), para conservar o planeta hai que engadir outro máis referido á recuperación enerxética.

Por outra banda, repasou o uso dos contedores e que colector usar segundo o residuo a verter (vidro, cartón, papel, etc.). Rematou xogando cos nenos e nenas a un divertido Trivial Ecolóxico; un animado xeito de aprender.


ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE NO PROXECTO ANUAL DE CENTRO: "ECOLAXEIROS NAS NUBES" que versa sobre as consecuencias do quentamento climático. O obxectivo principal deste proxecto é concienciar ao alumnado sobre os perigos da subida de temperatura para a vida na Terra e a necesidade de coidar o medio ambiente para evitar esta deriva.


Na clase os rapaces e rapazas elaboraron resumos da charla nos seus cadernos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario