DESDE O LAXEIRO, DESEXOS DE PAZ PARA AS ZONAS DE CONFLITO NO MUNDO
O pasado luns, día 30 de xaneiro, celebramos O Día da Paz no patio do colexio. Previamente, nas aulas estudouse a situación en diferentes zonas de conflito: Ucraína, O Perú, Siria, Caxemira, Iemen, México, Libia, Etiopía, Mozambique... O fin non era outro que todos os nenos e nenas formularan desexos de paz. Elaborouse unha montaxe cos traballos do alumnado.
Posteriormente, o alumnado puido gozar de estacións de xogo no patio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario