23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
POEMAS PARA ROSALÍA
- En Ed. INFANTIL os nenos e as nenas buscaron nos poemas de Rosalía as flores e árbores favoritos de Rosalía de Castro, rotularon os nomes e as pegaron nun vistoso mural; leron contos e poesías da autora.
- En 2º de Ed. PRIMARIA realizaron collages coa figura da escritora.
- En 4º de Ed. PRIMARIA con termos das poesías de Rosalía, os nenos e nenas, compuxeron poemas.
- En 5º de Ed PRIMARIA o alumnado traballou a figura de Rosalía trasladada aos nosos tempos e escribiron versos que plasmaron nun mural conmemorativo.
- En 6º de Ed PRIMARIA os alumnos e alumnas compuxeron poemas referidos a cuestións de actualidade baixo a consigna: "Que diría Rosalía?" sobre feminismo, migracións, quentamento climático ou da situación actual da lingua galega. O resultado foi moi creativo.
RECIBIMOS CON SATISFACCIÓN A NOVA DE QUE O MURAL FEITO POLO ALUMNADO DE 6ºA DE ED. PRIMARIA FOI GALARDOADO CO 2º PREMIO, NA CATEGORÍA DE AIRIÑOS, NO CONCURSO "A NOSA ROSALÍA" ORGANIZADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
.jpg)











Ningún comentario:
Publicar un comentario