mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO NO LAXEIRO

 DÍA DA MULLER


  • En 4º de Ed Primaria, o grupo A, investigou sobre o Feminismo e a repercusión deste movemento no país. Coa información recollida elaboraron textos ilustrados. O alumnado do grupo B realizou un traballo sobre destacadas mulleres galegas que plasmaron nun mural conmemorativo.










  • En Ed Infantil, os nenos e as nenas de 5ºA de Ed infantil traballaron a figura da activista Greta Thunberg, forte defensora de tomar medidas contra o cambio climático.




  • En 6º B de Ed Infantil, leron o conto "Cando as nenas voan alto". Decoraron unha pluma de papel na que escribiron o título do conto e a levaron para a casa co fin de trasladar ás familias a importancia de educar na igualdade de xénero desde as idades máis temperás.

                    

 
                          



                                                                                                                                

  • Alumnado de 6º de Primaria compuxo poesías en resposta á cuestión "Que diría Rosalía sobre as mulleres de hoxe en día?"Algunhas serviron de fondo para confeccionar un mural.



  • Nas aulas faise uso das novas tecnoloxías ao servizo do alumnado para traballos de investigación, neste caso sobre mulleres galegas destacadas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario