MES DA POESÍA
As leitugas do horto escolar,
son as mellores que poderás atopar.
Porque están en fila e xa medraron,
máis os alumnos ben as coidaron.
Hai dous tipos de leitugas
con diferentes texturas.
Mais están todas ricas
tamén son moi bonitas.
Todos vinde probar,
Son as mellores do lugar.
Aquí non hai contaminación,
só moita diversión.
(Mateo e Nico- 4ºA)
DÍA DA POESÍA 2023
En todas as clases estase a fomentar a lectura e escritura de poesías co gallo do Día Mundial da Poesía, o 21 de marzo. Nestes tempos de constante evolución tecnolóxica é importante lembrar e ensinar a linguaxe poética como unha forma de expresión artística.
Trátase dun xénero que se pode utilizar para expresar sentimentos pero tamén opinións. Deste xeito entendérona os alumnos e alumnas de 6º de Primaria que compuxeron fermosos poemas de temática ecoloxista. Aquí expóñense algúns exemplos da súa creatividade poética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario