FESTA DAS CASTAÑAS 2023
Hoxe celebramos o Magosto no patio do colexio e nas aulas, tamén. Foi unha mágoa non subir como cada ano ao monte de Beade para asar alí, pero o tempo non o permite. O veraniño de san Martiño non fixo acto de presencia este ano. Pero os ecolaxeiros e ecolaxeiras non nos damos por vencidos e achegamos un castañeiro ao centro que fixo posible a degustación deste produto tan típico do outono.
No patio e no ximnasio organizáronse xogos da castaña polos que foron pasando todos e todas. Nas clases encheron de castañas asadas nunhas cestiñas feitas polo alumnado con material de refugallo e listas para comerrrr!
Ningún comentario:
Publicar un comentario