MANUEL COLMEIRO Y PENIDO, CIENTÍFICO GALEGO 2023
Todos os cursos, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega, propoñemos traballar a figura do científico ao que se lle adica o Día da Ciencia en Galicia na Real Academia de Galega de Ciencias . Este ano adicouse ao pensador compostelán Manuel Colmeiro, científico social, comprometido co seu tempo e coa modernización económica, social e política de Galicia.
A continuación preséntase un vídeo, protagonizado polo alumnado de 3ºA, no que se pode apreciar que o estudo destes importantes persoeiros é posible entre o alumnado máis novo. Os nenos e nenas son quen de reflexionar sobre estas figuras descoñecidas para a maioría da sociedade galega, pero importantísimas na evolución social e económica do noso pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario